Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Compresor (son)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un compresor é un procesador de dinámica que ten a finalidade de reducir o nivel dos sinais con exceso de volume. As razóns de comprimir son a de controlar a enerxía dun sinal, controlar o nivel pico dun sinal e a de reducir a marxe dinámica.

O compresor orixinal non era un compresor senón un limitador, e inventouse para protexer os transmisores de radio AM de picos e transitorios que contiñan música e voz. Nos anos 30 a tecnoloxía do son funcionaba a válvulas como elemento principal, pero tamén existían uns compresores de ponte de díodos que se usaron durante pouco tempo pero con moito éxito.

A compresión non é un labor doado porque precisa características moi diferentes en función do tipo de sinal. Pódese encontrar máis que os que se detallan a continuación ou directamente non teñen porque ter todos:

  • Nivel de limiar(threshold). Cando excede este nivel ponse en funcionamento o compresor. Tamén se pode chamar punto de rotación.
  • Tempo de ataque. Este é o tempo que tarda o sinal en comprimirse desde que supera o nivel de limiar. Ás veces estes tempos non son fixos e van en pendente en decibelios por milisegundo.
  • Tempo de relaxación(release time). É o inverso de tempo de ataque, é dicir, o tempo que se tarda en pasar do estado procesado ó estado onde se deixa pasar o sinal sen alteración no nivel. Non é común pero pode existir un tempo de mantemento, este pode ser útil para evitar parte da distorsión de baixas frecuencias nos tempos mais rápidos de relaxación.
  • Relación de compresión(ratio). Este parámetro especifica a cantidade de compresión que aplica o sinal. Normalmente oscila entre 1:1 A 40:1. As relacions están expresadas en decibelios, polo tanto a relación de 6:1 quere dicir que un sinal que pase do limiar en 6 dB se reducirá a 1 dB por riba do limiar. A partir de 20:1 xa se considera que funciona como limitador aínda que en teoría un limitador tería unha relación de infinito:1.
  • Rótula(Knee). Regula a transición entre o estado procesado e sen procesar. Nun compresor pode existir a opción entre unha transicion branda e unha mais brusca.
  • Enlace estéreo(stereo link). Nos procesadores de dinámica en xeral, cando se usan para procesar un sinal estéreo, faise necesario enlazar a acción de compresión en ámbolas dúas canles.
  • Ganancia de saída(gain). Posto que a compresión introduce atenuación, esta ten que ser compensada subindo o volume de saída. Posto que o compresor reduce dinámica, pódese subir o nivel de saída para aproveitar mellor a marxe dinámica.
  • Desactivación(Bypass). Permite comparar o sinal orixinal e o comprimido.

Tipos de compresores

[editar | editar a fonte]
  1. Optical. A redución de ganancia faise por un foco ou lead que ó cambiar a súa intensidade luminosa varía o nivel de ganancia utilizando unha fotocelula. Este tipo é o utilizado para baixos, voces e baterías.
  2. FET(field-effect-transistors). Neste caso un transistor especial é posto para emular o traballo dunha válvula como redutor de ganancia. Este compresor é extremadamente rápido e limpo e ademais é excelente para guitarras eléctricas e baixos.
  3. VCA(voltage controlled amplifier). Os compresores VCA son os mais versátiles de todos. Son moi rápidos e eficaces, moi útiles nos casos onde é necesario manter o control estrito sobre a dinámica. Utilizados para voces, baterías e mesturas.
  4. Ganancia variable. A redución de ganancia variable utiliza circuítos específicos e compoñentes que non pertencen ás outras categorías. Os valores da proporción varían segundo a intensidade do sinal que estea a ser comprimido. Utilizados para mesturas, voces ou baterías.
  5. Dixital. A redución de ganancia neste caso faise de maneira dixital, controlada por un chip ou no seu caso dun software, por un programa computarizado. Unha das vantaxes é que pode reter data, é dicir, que analiza o sinal que esta entrando.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]