Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Concello de Arboga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Arboga
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°24′00″N 15°50′00″L / 59.4, 15.8333
EstadoSuecia
CondadoCondado de Västmanland Editar o valor en Wikidata
CapitalArboga Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación14.018 (2024) Editar o valor en Wikidata (33,43 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie419,38 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude82 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Arboga Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataNils Brodin (en) Traducir (1971–1979)
Per-Olov Nilsson (en) Traducir (1980–2005)
Olle Ytterberg (en) Traducir (2005–2014)
Agneta Bode (en) Traducir (–2016)
Anders Röhfors (en) Traducir (2016–2020)
Jonna Lindman (en) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webarboga.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: arbogakommun Youtube: UCbePlalah9Uh-MTuzzUVP7w Editar o valor en Wikidata

Arboga é un concello sueco (s. kommun) do condado de Västmanland,[1] A súa capital é a homónima vila de Arboga.

O municipio está situado na costa norte do lago Hjälmar. A economía local está dominada por industrias do metal e enxeñería.

O desenvolvemento da poboación foi durante tempo relativamente estable, aínda que houbo unha diminución de poboación dende que se creou o concello ata o ano 2015. Tradicionalmente o concello foi un forte bastión para os socialdemócratas, que deixaron o poder en 2016 tras 97 anos de alcaldía ininterrompida.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Con respecto ás rexións históricas, as terras do concello de Arboga pertenceron ás rexións (landskap) de Västmanland e Närke. Coa reforma municipal de 1971, á cidade de Arboga sumáronselle as terras do antigo concello rural de Medåker, e tres anos máis tarde a parroquia de Götlunda pasou a Arboga desde o concello de Orebrö.

O concello limita ao leste cos de Kungsör e Eskilstuna, ao oeste cos de Orebrö e Lindesberg, e ao norte co municipio de Köping.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

Aínda que como é xeral en Suecia hai abondos lagos no territorio municipal, o máis destacado é o Hjälmar,[1] un dos maiores lagos do país, e que tamén é a principal fonte de auga do concello.[2] O río Arbogaån cruza o municipio de oeste a leste, abre a canle Hjälmar que comunica co lago do mesmo nome, e prosegue por outros municipios ata facer foz no lago Mälar, o que está ás costas de Estocolmo. Outros grandes lagos do concello son o Högsjön e o Tjurlången. A eutrofización é un problema importante que afectou a case todos os cursos de auga e lagos do municipio.[3]

Protección natural

[editar | editar a fonte]

No ano 2022 había 12 reservas naturais no municipio de Arboga.[4] Entre elas atópase a reserva de Amerika con bosque e pantanos, así como as dúas lagoas de Amerikasjön e Lungsjön. Na zona hai varias especies de libeliñas, así como animais máis grandes como castores, gamos, cervos e alces.[5] A reserva de Södra Hammaren, situada ao lado da de Norra Hammaren, é unha reserva creada xa no ano 1920. No vello prado de feo medran hoxe árbores que teñen uns 200 anos.[6] Outros exemplos de alfaias naturais son as illas de Hengrundet, Notholmen ou Valen[4], no lago Hjälmar.

Áreas urbanas

[editar | editar a fonte]

Na delimitación de aglomeracións do Instituto Nacional de Estadística de Suecia en 2015 había tres áreas urbanas no municipio de Arboga.

Nr Área urbana Poboación
1 Arboga 700410841000000000010.841
2 Götlunda 7002265000000000000265
3 Medåker 7002212000000000000212

Economía e infraestruturas

[editar | editar a fonte]

A economía local está dominada polas industrias de metal e de talleres, algo típico nos concellos do interior do val do Mälaren. Este tipo de industrias foi complementada posteriormente cunha industria de tecnoloxía da información de rápido crecemento, formada por pequenas e medianas empresas, que son en gran parte empresas de consultoría para a empresa máis grande do municipio, o Grupo Saab.[7]

Transporte

[editar | editar a fonte]

As rutas europeas E18 e E20 atravesan o concello de oeste a leste, ao igual que a estrada do condado 249. A través do municipio tamén pasa a liña de ferrocarril Mälarbanan (Estocolmo–Västerås–Örebro–Hallsberg).[7]

O aeródromo militar de Arboga pertence no presente a Saab e un obxecto protexido que non se pode fotografar e ao que non se pode acceder.

  1. 1,0 1,1 "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07. 
  2. "Vatten och avlopp - Arboga kommun". www.arboga.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-07. 
  3. "Hur mår vattnet i Arboga? - Arboga kommun". www.arboga.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-07. 
  4. 4,0 4,1 "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07. 
  5. "Amerika". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07. 
  6. "Södra Hammaren". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07. 
  7. 7,0 7,1 "Arboga - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]