Concello de Gnesta
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Södermanland | ||||
Capital | Gnesta (pt) | ||||
Escindido de | concello de Nyköping (1992) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.460 (2024) (21,3 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 538,13 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1992 | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Gnesta Municipality, Sweden (en) | Henric Sörblad (en) (2006–2010) Johan Rocklind (en) (2010–2022) Linda Lundin (en) (2022–) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | gnesta.se | ||||
Gnesta é un municipio sueco (kommun) do condado de Södermanland.[1] A súa capital é Gnesta. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 11 524 habitantes.[2]
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coas parroquias de Björnlunda, Dillnäs, Frustuna, Gryt, Gåsinge, Kattnäs e Torsåker. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 municipios rurais co mesmo nome.
O 13 de agosto de 1883 estableceuse na zona a localidade municipal de Gnesta no concello rural de Frustuna.
En 1941 fundouse o municipio rural de Gåsinge-Dillnäs a partir dos concellos rurais de Gåsinge e Dillnäs.
Cos reforma municipal de 1952 creáronse os grandes municipios de Daga (a partir dos concellos de Björnlunda, Gryt e Gåsinge-Dillnäs), Gnesta (a partir de Frustuna e Kattnäs) e Tystberga (a partir de Bogsta, Bälinge, Lästringe, Sättersta, Torsåker e Tystberga).
O köping de Gnesta fundouse en 1955 a través da reorganización do municipio rural de Gnesta, disolvéndose a localidade municipal.
O municipio de Gnesta fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Gnesta. En 1974 incorporouse ao concello de Nyköping, e no ano 1992 reformouse Gnesta mediante a separación do municipio anterior e a unión co anterior concello de Daga e unha parte do concello de Tystberga (a parroquia de Torsåker).[3]
O 1 de xaneiro de 1992, unha área con 122 persoas foi transferida ao municipio de Gnesta a a parroquia de Frustuna-Kattnäs dende a parroquia de Lästringe no concello de Nyköping.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-20.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-20.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Befolkningsstatistik 1991" (PDF). scb.se. Archived from the original on 02 de abril de 2015. Consultado o 3 de decembro de.