Consanguinidade
A consanguinidade[1] é a relación de sangue entre dúas persoas: os parentes consanguíneos son aqueles que comparten sangue por ter algún parente común; os parentes non consanguíneos son aqueles que non presentan un vínculo de sangue, pero que son parentes por un vínculo legal (matrimonio ou adopción). A esta outra relación de parentesco denomínaselle afinidade.
A consanguinidade e a afinidade son termos moi empregados en dereito. O parentesco é moi importante para todos os sistemas xurídicos, e sobre ese concepto baséase o dereito de familia ou o dereito de sucesións.
En moitos sistemas xurídicos, a consanguinidade equipárase á relación de adopción, de forma que non existe diferenza entre un parente de sangue e un adoptado. Deste xeito, o fillo adoptivo ten os mesmos dereitos que o fillo natural e, mesmo, un neto adoptivo ten os mesmos dereitos que un natural (casos de herdanza, alimentos, etcétera), malia que eses parentes máis afastados na liña sucesoria non prestasen o seu consentimento no intre da adopción.
Medición da consanguinidade
[editar | editar a fonte]A consanguinidade ten graos en función do número de xeracións interpostas na árbore xenealóxica. Así, a relación pai-fillo é de primeiro grao, mentres que a de avó-neto é de segundo grao.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Consanguinidade.