Consell de Cent
O Consell de Cent (Consello de Cento) era unha institución de goberno durante o Antigo Réxime na cidade de Barcelona establecida no século XIII e que perdurou ata o século XVIII. O seu nome ten a súa orixe no número dos seus membros, que eran cen (cent en catalán).
A importancia do Consell de Cent vese en moitos exemplos, como que en 1464 proclamou conde de Barcelona a Pedro o Conestable de Portugal. Outro exemplo é a negativa do Consell de Cent a aceptar a concesión feita polo rei dun estudo xeral. Martiño o Humano, o 10 de xaneiro de 1401, outorgou o privilexio real da fundación do Estudo Xeral de Medicina e Artes, coas mesmas prerrogativas que o de Montpellier e que finalmente deu orixe á Universidade de Barcelona en 1450.
Dispoñía incluso de atribucións militares para a defensa da cidade, na forza da Coronela, que xogou un papel importante na resistencia contra os ataques borbónicos de 1713.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Nas súas orixes, o goberno local correspondía a axentes (o vigairo ou o bailío) que representaban o poder real ou señorial en cada lugar, con xurisdición e facultades coercitivas para poder manter a paz e a orde. Estes axentes presidían as asembleas de veciños, que os asesoraban. Por concesión real, durante o século XII apareceron as primeiras formas autónomas de goberno municipal nalgunhas vilas e cidades. Entón, a antiga asemblea desapareceu e foi substituída por un consello restrinxido formado polos veciños máis relevantes (prohoms ou conselleiros), que se encargaban de asesorar o grupo reducido de maxistrados responsables do goberno municipal (cónsules, paers, xurados, conselleiros).
En 1238 estableceuse un Consello de Cento na cidade real aragonesa de Jaca[1] e en 1265 Xaime I de Aragón dá a súa aprobación real ao Consello de Cento de Jaca,[2] modelo implantado tamén en Barcelona e noutras cidades da Coroa de Aragón. O novo consello de Barcelona foise configurando durante o século XIII por sucesivos privilexios de successius privilegis de Xaime I:
- Xaime I creou en 1249 a estrutura fundamental do goberno municipal de Barcelona: un consello de 4 maxistrados (paers). De renovación anual por cooptación, que designaban un número impreciso de conselleiros asesores e que colaboraban cos oficiais reais (o vigairo e o bailío).[3]
- En 1258 os 4 paers foron substituídos por 8 conselleiros (consellers), tamén de renovación anual por cooptación, coa misión de designar un consello ou parlamento de 200 prohoms asesores e colaborar, así mesmo, cos oficiais reales.
- Despois de varias modificacións, en 1265 a organización municipal quedou definitivamente estruturada: un novo privilexio reforzou a estrutura cidadá e simplificouna: os conselleiros pasaron de 8 a 4, tamén de renovación anual por cooptación, e a asemblea consultiva de 200 a 100 membros. O vigairo e o bailío eran asesorados polos conselleiros, que pasaban a exercer funcións de control, deliberantes e resolutivas. A autoridade municipal recaeu sobre o Conseller en Cap elixido por un Consello de cen personalidades.
Unha última disposición, de 1274, fixaba en 5 o número de conselleiros, elixidos cada ano o día de San Andrés por unha comisión de 12 membros do Consell de Cent. Á súa vez, os 5 conselleiros elixian os 100 prohoms do novo Consell de Cent ao comezar o seu mandato.
O Trentenari
[editar | editar a fonte]A causa da dificultade para reunir o Consell de Cent, cara a 1325 creouse un consello restrinxido formado por unha cuarta parte dos prohoms (primeiro de 25 membros e despois de 30) chamado Trentenari.[4] Pedro IV de Aragón deu permiso ao Consell de Cent para utilizar o Sinal Real.
No século XV, e debido ás tensións internas entre as dúas faccións do Consell de Cent (a Biga e a Busca) Afonso V de Aragón concedeu un novo privilexio de regulación da cidade (1455) que repartía dunha maneira fixa a composición dos órganos de goberno municipal entre os diferentes estamentos.
Coas reformas de Fernando II, de 1621 e de 1641/1652 os xurados do Consell de Cent sempre serían 144, entre eles 32 xurados (ciutadans honrats e doutores en dereito e en medicina, 12 cabaleiros e donceles, 4 nobres, 32 mercadores, 32 artistas (10 notarios públicos de Barcelona, 4 notarios reais, 10 boticarios e drogueiros, 2 candeeiros de cera e 6 cirurxiáns ou barbeiros e 32 menestrais). O Trentenari ou Consello ordinario de Trinta e seis era o encargado de preparar as propostas que terían que ser decididas polo Consello xeral e decidir sobre cuestións máis ordinarias, e estaba formado por 36 membros, oito ciutadans honrats e doutores en dereito e en medicina, 4 cabaleiros e nobres, 8 mercadores, 8 artistas i 8 menestrais. Finalmente, os oficios da Consellería distribuíanse da seguinte maneira:
- O conseller en cap, o conselleiro segundo (conseller segon) e o conselleiro terceiro (conseller tercer) para os ciutadans honrats e doutores en dereito e en medicina, cabaleiros e nobres (rotativamente entre cidadáns e militares a razón de dous oficios para os primeiros e un para os segundos).
- O conselleiro cuarto (conseller quart) para os mercadores.
- O conselleiro quinto (conseller cinquè) para os artistas.
- O conselleiro sexto (conseller sisè) para os menestrais.
Abolición
[editar | editar a fonte]O Consell de Cent, que durante a guerra de sucesión española se posicionou en favor da causa austriacista, levantando un rexemento,[5] e a Deputación da Generalitat de Catalunya foron abolidos polo Mariscal James Fitz-James Stuart, primeiro duque de Berwick, o 15 de setembro de 1714.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mercedes Lasaosa Sánchez, «Jaca: un municipio de Felipe IV (1626-1652)», Argensola: Revista de Ciencias Sociales del Instituto de Estudios Altoaragoneses, n.º 104, 1990, páx. 102. ISSN 0518-4088: Antes de la fundación del consejo barcelonés en 1249, había sido creado en Jaca el Consejo de Ciento en septiembre de 1238, formado por un consejo de cien personas que participaban en las decisiones de los jurados de la ciudad.
- ↑ Tomás Buesa Oliver, «Aspectos de Jaca Medieval», Archivo de Filología Aragonesa, vol. 26-27, 1980, Zaragoza, Institución «Fernando el Católico», C.S.I.C., páxs. 99-134. ISSN 0210-5624
- ↑ Valls i Taberner, Ferran; Soldevila i Zubiburu, Ferran (2002). Història de Catalunya. L'Abadia de Montserrat. p. 146.
- ↑ J. M. Font i Rius (1985). Estudis sobre els drets i institucions locals en la Catalunya medieval. Barcelona: Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona.
- ↑ Balcells, Albert (2011). Histōria de Catalunya. La Butxaca. p. 692. ISBN 8499302238.
- ↑ Societat Catalana de Genealogia (extraída de la web oficial de la Generalitat de Catalunya) (ed.). "Historia de Catalunya. La caida de Barcelona y la abolición de la Generalitat (1714-1716)". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2009. Consultado o 02 de xuño de 2020.
- ↑ Aguilera, Genna (setembro de 2011). La nació espoliada. Sàpiens (Barcelona). pp. p.48–52.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ROVIRA I SOLÀ, M.: Els pergamins municipals de Barcelona i la seva catalogació, dins Vicens i Barcelona. Imatges històriques (RAMON GRAU, coordinador). Barcelona, Ajuntament de Barcelona, Institut de Cultura, 2011, p. 23-27.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Consell de Cent |
- Fondo do Arquivo Medieval e Moderno Arquivo Histórico da Cidade de Barcelona
- Fondo Municipal Arquivo Histórico da Cidade de Barcelona