Consello Internacional de Museos
Aparencia
Consello Internacional de Museos | |
---|---|
Acrónimo | ICOM e ICOM |
Tipo | organización, organización non gobernamental e accredited NGO for intangible cultural heritage |
Data de fundación | 1946 |
Presidente/a | Alberto Garlandini (en) (2020-) |
Premios | Orde do Mérito Cultural |
Sede | París |
País | Francia |
Na rede | |
https://icom.museum/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Consello Internacional de Museos (International Council of Museums, ICOM) é unha organización non gobernamental creada en 1946 para coordina-la actividade de museos e os seus profesionais cara á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio cultural, material ou inmaterial, presente e futuro, en todo o mundo.
Ten a sede en París (Francia) e está formada por representantes de máis de 140 países. O Comité Español é o cuarto en número de membros afiliados e conta con representantes das 17 Comunidades Autónomas.
As actividades do ICOM céntranse nos seguintes temas:
- Cooperación e intercambio profesional
- Divulgación dos conceptos básicos sobre o mundo dos museos e a atención ó público
- Profesionalización do persoal
- Preservación do patrimonio e loita contra o tráfico ilícito dos bens culturais