A VI Copa mundial de rugby de 2007 é a sexta edición dos mundiaisdeste deporte, que se celebrou en Francia entre o 7 de setembro e o 20 de outubro de 2007. Celebrado cada catro anos, a primeira vez que se organiza nun país non anglófono, a primeira que se organiza na Europa continental, e a primeira que se organiza en Francia.
Na súa fase final participan 20 seleccións, se ben na clasificación interviñeron 90 equipos distintos dos cinco continentes. Está organizada pola Asociación Internacional de Rugby (IRB).
Nesta edición da Copa do Mundo de rugby participaron 20 equipos, oito deles chegados dos cuartos de final do Mundial de rugby de 2003, clasificados automaticamente. Dez dos postos vacantes foron atribuídos logo das diferentes roldas clasificatorias desde setembro de 2004. Para estas competicións procedeuse a dividir os case 90 equipos participantes en cinco grupos rexionais: África, América, Asia, Europa e Oceanía. Os últimos dous postos determináronse tras unha fase de repesca entre os finalistas das distintas zonas rexionais.
Automaticamente clasificáronse Inglaterra, Francia, Irlanda, Escocia, Gales, Suráfrica, Australia e Nova Zelandia. De Europa clasificáronse ademais Xeorxia, Italia, Romanía e Portugal, estes últimos na repesca. De África clasificouse Namibia; de América, a Arxentina, o Canadá e os Estados Unidos; de Asia o Xapón; e de Oceanía, Fidxi, Samoa e Tonga, este último na repesca.
O 12 de maio de 2004 celebrouse no restaurante Fado's de Dublín o sorteo dos catro grupos de cinco equipos que participarán na primeira fase do Mundial. O sorteo foi realizado por Syd Millar, presidente da IRB, e Bernard Lapasset, presidente da federación francesa. Asignáronse catro cabezas de serie correspondentes cos equipos que chegaron ás semifinais de 2003: Inglaterra, Australia, Nova Zelandia e Francia.
Participan pois na fase final tres seleccións, Inglaterra, Escocia e Gales, que non son recoñecidos internacionalmente como estados independentes. Ademais, Irlanda participa cun equipo integrado polos xogadores de Irlanda do Norte e da República de Irlanda.
Este mundial de rugbi terá sede en Francia, pero tamén se xogarán tres partidos en Gales, e un en Escocia. Irlanda decidiu que non se xogase ningún partido no seu por problemas de datas.