Coracias
Coracias | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Coracias garrulus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase o texto. | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
Galgulus Brisson, 1760 |
Coracias é un xénero de aves coraciformes pertencente á familia Coraciidae que habitan no Vello Mundo. Os seus membros emiten un característico canto entrecortado e repetitivo. Todas elas son aves coridas, nas que predominan os tons azuis e castaños, con certa forma de corvo con cabeza grande e pico robusto. As súas patas teñen os dedos frontais exteriores fusionados pola base e o interior libre.
Aliméntanse de insectos e outros pequenos animais. Teñen unha técnica de caza parecida a dos picanzos, esperan quietos pousados nun lugar e lánzanse en picado cara ás presas que pasen.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero Coracias foi descrito en 1758 polo naturista sueco Carl Linnaeus na décima edición do seu Systema Naturae.[1] O nome do xénero provén do grego antigo korakías (κορακίας),[2] derivado de korax (κόραξ, ‘corvo’).[3] Aristóteles describiu as coracias como un paxaro grande como un corvo cun peteiro vermello,[4] aínda que algúns cren que se refería á choia.[5] A especie tipo é o gaio azul (Coracias garrulus) designado por George Robert Gray en 1855.[6][7]
As relacións filoxenéticas entre as súas distintas especies foron determinadas nun estudo molecular no ano 2018.[8]
Coracias |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Especies
[editar | editar a fonte]Recoñécense nove especies:[9]
- Coracias garrulus - gaio azul, rolieiro;
- Coracias abyssinicus
- Coracias caudatus
- Coracias spatulatus
- Coracias naevius
- Coracias benghalensis
- Coracias temminckii
- Coracias cyanogaster
- Coracias affinis
Antigas especies
[editar | editar a fonte]Noutros tempos algunhas autoridades consideraron as seguintes especies e subespecies como especies do xénero Coracias:
- Oriolus sagittatus (como Coracias sagittata)[10]
- Vichelocrego (como Coracias oriolus; hoxe Oriolus oriolus)[11]
- Oriolus xanthornus (como Coracias xanthornus)[12]
- Eurystomus glaucurus (como Coracias glaucurus)[13]
- Eurystomus glaucurus (afer) (como Coracias afra)[14]
- Eurystomus orientalis (como Coracias orientalis)[15]
- E. o. pacificus (como Coracias pacifica)[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín) 1 (10th ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 107.
- ↑ André Jean François Marie Brochant de Villers; Alexandre Brongniart; Pierre Jean François Turpin (1818). Dictionnaire des sciences naturelles (en francés). Levrault. p. 349.
- ↑ Craig, J. (1854). A New Universal, Technological, Etymological, and Pronouncing Dictionary of the English Language. p. 407.
- ↑ Camus, A.-G. (1783). Histoire des animaux d'Aristote (en francés). Chez la veuve Desaint. p. 225.
- ↑ Greek Word Study Tool
- ↑ Gray, George Robert (1855). Catalogue of the Genera and Subgenera of Birds Contained in the British Museum. Londres: British Museum. p. 13.
- ↑ Peters, James Lee, ed. (1945). Check-List of Birds of the World 5. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 241.
- ↑ Johansson, U. S.; Irestedt, M.; Qu, Y.; Ericson, P. G. P. (2018). "Phylogenetic relationships of rollers (Coraciidae) based on complete mitochondrial genomes and fifteen nuclear genes". Molecular Phylogenetics and Evolution 126: 17–22. doi:10.1016/j.ympev.2018.03.030.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (Xullo 2021). "Rollers, ground rollers, kingfishers". IOC World Bird List Version 11.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 10 de agosto de 2021.
- ↑ "Oriolus sagittatus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Oriolus oriolus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Oriolus xanthornus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Eurystomus glaucurus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Eurystomus glaucurus afer - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Eurystomus orientalis - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ "Eurystomus orientalis pacificus - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 8 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coracias |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fry, Fry and Harris, Kingfishers, Bee-eaters and Rollers. ISBN 0-7136-8028-8
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coracias |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeos en Internet Bird Collection.