Coral Troncoso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 Mondariz-Balneario, España |
Morte | 16 de xullo de 2016 (43/44 anos) O Escorial, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de helicóptero |
Educación | Real Escuela Superior de Arte Dramático |
Actividade | |
Ocupación | actriz, bailarina, coreógrafa |
Familia | |
Pai | Julián Troncoso |
Coral Troncoso, nada en Mondariz-Balneario en 1972 e finada entre El Escorial e Colmenarejo (Madrid) o 16 de xullo de 2016, foi unha actriz, coreógrafa e bailarina galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coral Troncoso licenciuse en artes escénicas pola RESAD de Madrid. Profesionalmente iniciouse no teatro, tanto como actriz como como directora teatral, e posteriormente centrouse na danza contemporánea. Foi alumna das coreógrafas Carmen Werner e Ana Buitrago, así como de Nicolas Rambaud, co que acabou formando en 2001 a compañía Megaló - Teatro Móvil. Foi a co-directora desta compañía durante máis dunha década.
Tamén foi directora dramática da compañía Provisional Danza, durante tres tempadas.
Espectáculos dirixidos e performados
[editar | editar a fonte]- Las locas de Chaillot (2002)
- Cosas para llorar en seco (2003)
- Miedo (2004)
- Teselas (2005)
- La Rendición (2006)
- Mis Pies te Contarán (2007)
- Divos (2007)
- 5 Piezas para tomar con un café (2008)
- El tendal (2008)
- Excesivos (2009)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi filla de Julián Troncoso, quen foi alcalde de Mondariz-Balneario. Tiña cinco irmáns.
Finou no accidente dun helicóptero Robinson R22 bipraza, ao caer no encoro de Valmayor, no noroeste da Comunidade de Madrid.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Conmoción en Mondariz-Balneario por la muerte de la actriz y bailarina Coral Troncoso". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2017.
- "Mondariz Balneario llora la muerte de Coral Troncoso". Atlántico (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2017.