Cordylus
Cordylus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cordylus tropidosternum | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Cordylus é un xénero de lagartos africanos espiñosos de tamaño pequeno a medio. Son todos diúrnos e ovovivíparos. A maioría das especies son rupícolas (viven nas rochas), pero hai unhas poucas especies arbóreas ou que viven en tobos. Deféndense grazas aos duros osteodermos (placas óseas na pel) e porque se retiran moi rapidamente ás fendas entre as rochas ou tobos. Moitas especies viven en grupos e os machos defenden os territorios.
As especies deste xénero e outros cordílidos adoitan estar incluídas en CITES Apéndice II. Nos están necesariamente ameazadas de extinción e o seu comercio está controlado para evitar a sobreexplotación. Algunhas especies de Cordylus teñen rangos de distribución limitados e poden estar ameazadas pola destrución do seu hábitat ou a súa captura masiva para o comercio de mascotas.
Clasificación
[editar | editar a fonte]D. G. Broadley (2006) recoñecía 47 especies no xénero Cordylus, incluíndo oito especies que orixinalmente estaban situadas no xénero Pseudocordylus ( P. fasciatus, P. langi, P. melanotus, P. microlepidotus, P. nebulosus, P. spinosus, P. subvirdis, e P. transvaalensis) e Hemicordylus capensis.
En 2011, un estudo baseado na filoxenia molecular da familia suxeriu a que varias especies que tradicionalmente estaban incluídas en Cordylus deberían ser pasadas a outros xéneros, algúns de nova creación: Hemicordylus (para as especies capensis e nebulosus), Karusasaurus (para as especies jordani e polyzonus), Namazonurus (para campbelli, lawrenci, namaquensis, peersi e pustulatus), Ninurta (para coeruleopunctatus), Ouroborus (para cataphractus) e Smaug (para breyeri, giganteus, mossambicus, regius, vandami e warreni).[1] Esta nova clasificación está apoiada pola Reptile Database, na que só permanecen 21 especies en Cordylus.[2]
Clasificación tradicional
[editar | editar a fonte]Xénero Cordylus (como se definía tradicionalmente, sensu lato)
- Cordylus angolensis
- Cordylus aridus
- Cordylus barbertonensis
- Cordylus beraduccii
- Cordylus breyeri
- Cordylus campbelli
- Cordylus capensis ou Hemicordylus capensis
- Cordylus cataphractus
- Cordylus cloetei
- Cordylus coeruleopunctatus ou Ninurta coeruleopunctatus
- Cordylus cordylus
- Cordylus depressus
- Cordylus fasciatus
- Cordylus giganteus
- Cordylus imkeae
- Cordylus jonesii
- Cordylus jordani
- Cordylus langi
- Cordylus lawrenci
- Cordylus machadoi
- Cordylus macropholis
- Cordylus mclachlani
- Cordylus meculae
- Cordylus melanotus
- Cordylus microlepidotus
- Cordylus minor
- Cordylus mossambicus
- Cordylus namaquensis
- Cordylus nebulosus
- Cordylus niger
- Cordylus nyikae
- Cordylus oelofseni
- Cordylus peersi
- Cordylus polyzonus
- Cordylus pustulatus
- Cordylus rhodesianus
- Cordylus rivae
- Cordylus spinosus
- Cordylus subviridis
- Cordylus tasmani
- Cordylus transvaalensis
- Cordylus tropidosternum
- Cordylus ukingensis
- Cordylus vandami
- Cordylus vittifer
- Cordylus warreni
Clasificación moderna
[editar | editar a fonte]Segundo The Reptile Database as especies son:[2]
- Cordylus angolensis (Bocage, 1895)
- Cordylus aridus Mouton & Van Wyk, 1994
- Cordylus beraduccii Broadley & Branch, 2002
- Cordylus cloetei Mouton & Van Wyk, 1994
- Cordylus cordylus (Linnaeus, 1758)
- Cordylus imkeae Mouton & Van Wyk, 1994
- Cordylus jonesii (Boulenger, 1891)
- Cordylus machadoi Laurent, 1964
- Cordylus macropholis (Boulenger, 1910)
- Cordylus marunguensis Greenbaum, Stanley, Kusamba, Moninga, Goldberg & Bursey, 2012
- Cordylus mclachlani Mouton, 1986
- Cordylus meculae Branch, Rödel & Marais, 2005
- Cordylus minor Fitzsimons, 1943
- Cordylus niger Cuvier, 1829
- Cordylus nyikae Broadley & Mouton, 2000
- Cordylus oelofseni Mouton & Van Wyk, 1990
- Cordylus rhodesianus (Hewitt, 1933)
- Cordylus rivae (Boulenger, 1896)
- Cordylus tropidosternum (Cope, 1869)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stanley, Edward L.; Bauer, Aaron M.; Jackman, Todd R.; Branch, William R.; Mouton, P. Le Fras N. (2011). "Between a rock and a hard polytomy: Rapid radiation in the rupicolous girdled lizards (Squamata: Cordylidae)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 58 (1): 53–70. doi:10.1016/j.ympev.2010.08.024.
- ↑ 2,0 2,1 Uetz, P. & Jirí Hošek (ed.). "Cordylus". Reptile Database (Reptarium). Consultado o 24 de marzo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Branch B. (1998). Field Guide to Snakes and other Reptiles of Southern Africa. Sanibel Island, Florida: Ralph Curtis Books Publishing. 399 pp.
- Broadley DG. (2006).[1]
- FitzSimons VF. (1943). The Lizards of South Africa. Pretoria: Transvaal Museum Memoir.
- Spawls S, Howell K, Drewes R, Ashe J. (2002). A Field Guide to the Reptiles of East Africa. San Diego: Academic Press. 543 pp.
- Laurenti JN. (1768). Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: "Joan. Thom. Nob. de Trattnern". 214 pp. + Plates I- V. (Genus Cordylus, p. 51).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xuño de 2011. Consultado o 09 de xullo de 2015.