Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cormac mac Cuilennáin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCormac mac Cuilennáin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor en Wikidata
Cashel, Irlanda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 908 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecaída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Rei de Munster
902 – 908
← Finguine Cenn nGécán mac Lóegairi (pt) TraducirFlaithbertach mac Inmainén (pt) Traducir →
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote, rei Editar o valor en Wikidata
Período de tempoXeración do século X Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa13 de setembro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGormflaith ingen Flann Sinna Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata

Cormac mac Cuilennáin, finado en Bellaghmoon (Condado de Kildare) o 13 de setembro de 908, foi un bispo irlandés, rei de Munster, coñecido como grande erudito e canonizado nas igrexas católica e ortodoxa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cormac naceu no clan Eóganacht Chaisil, liña de Cashel (irlandés: Caiseal) dos Eóganachta, que dominaran Munster dende o século V. Foi recoñecido como un candidato de undécima xeración de Óengus mac Nad Froích, e ningún dos seus antepasados dende Óengus foron reis de Cashel, motivo polo cal Cormac, como outros reis cregos de Munster do século IX, probablemente fora un candidato compromisado.[1]

De acordo cos Anais dos Catro Mestres, Cormac foi titorado por Snerdgus, de Dísert Díarmata[2] De acordo con algúns relatos, fora casado con —ou noivo de— Gormlaith, filla de Flann Sinna, Grande Rei da Irlanda, mais preferiu tomar votos de celibato. Probablemente era bispo de Cashel antes de ser coroado rei de Munster, mais algúns autores suxiren que sería máis probablemente bispo de Emly.

Cormac foi elixido rei de Munster despois da morte de Finguine Cenn nGécan, de acordo cos Anais do Ulster, asasinado polos seus socios, e segundo os Anais de Inisfallen, morto polos Cenél Conaill Chaisil, unha liña dos Eóganachta.[3] Os Anais de Inisfallen descrebenno como un “bispo nobre e célibe”.[4] Cormac tentou restaurar a autoridade dos reis de Munster sobre Leinster, e talvez aspirou a ser Grande Rei da Irlanda. En 907, liderou campañas en Connacht e Meath, onde derrotou Flann Sinna, e mantivo unha armada operante no Río Shannon, que capturou Clonmacnoise.[5]

En 908, Cormac e Flaithbertach mac Inmainén, o seu conselleiro-xefe e abade de Scattery, reuniron un exército e fixeron unha campaña contra Leinster, cuxo rei Cerball mac Muirecáin era xenro e aliado de Flann Sinna.[6] Moitos homes de Munster rexeitaron loitar, e estas noticias chegaron a Cerball, que propuxo un acordo de paz segundo o cal os homes de Leinster darían reféns e pagarían tributos. Cormac considerou aceptar o acordo, mais Flaithbertach convenceuno do contrario e persuadiu a Cormac de loitar, a pesar da convicción do rei de que morrería.[7][8]

Esta noticia, coa de que Flann e os Uí Néill virían para axudar Cerball, resultou en desercións do exército de Cormac, que aínda así invadiu Leinster, atopándose con Cerball e Flann en Bellaghmoon (irlandés: Bellach Mugna, no sur do actual Condado de Kildare). Moitos homes foron mortos, inclusive Cormac, que rompeu o pescozo despois de caer de seu cabalo. Flaithbertach foi capturado. Cormac foi decapitado e a súa cabeza levada a Flann.[9]

  1. Byrne, Irish Kings, pp. 214 & 292.
  2. Russell, "Cormac"; Annals of the Four Masters, AFM 885.11.
  3. Annals of Ulster, AU 902.1; Annals of Inisfallen, AI 902.1.
  4. Annals of Inisfallen, AI 901.3.
  5. Russell, "Cormac"; Annals of Inisfallen, AI 907.1, AI 907.3 & AI 907.4.
  6. Wiley, "Cath Belaig Mugna".
  7. Byrne, Irish Kings, p. 214
  8. Wiley, "Cath Belaig Mugna"; Russell "Cormac"; Fragmentary Annals, FA 423.
  9. Wiley, "Cath Belaig Mugna"; Russell "Cormac"; Fragmentary Annals, FA 423; Annals of Ulster, AU 908.3; Annals of Inisfallen, AI 908.2; Annals of the Four Masters, AFM 903.7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ní Mhaonaigh, Máire. Cormac mac Cuilennáin: king, bishop, and ‘wondrous sage. Zeitschrift für celtische Philologie 58 (2011): 108–128.