Coroa mural
Aparencia
Unha coroa mural (en latín corona muralis) era un premio ou distinción en forma de coroa de ouro que se lle daba ó soldado que escalaba primeiro o muro e colocaba o estandarte nunha cidade invadida.
Heráldica
[editar | editar a fonte]En heráldica a coroa mural é un adorno ou timbre en forma de coroa ou cerco de muros ou murallas, con ameas e torreóns. Os estados que trocaban do réxime monárquico ó republicano empregábana para substituír a coroa real nos escudos nacionais.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: coroas murais |