Correfoc
O correfoc é unha manifestación cultural catalá que se fai nas rúas das cidades e pobos, onde o obxectivo é evitar a pirotecnia usada polos demos e polos seres imaxinarios e mitolóxicos que se representan. É un acto celebrado maioritariamente en Cataluña, pero tamén se estendeu pola Comunidade Valenciana, as Illas Baleares e a Cataluña do Norte. Ten as súas raíces no Baile de demos xa documentado no século XII, pero non foi ata o XX que tomou a súa forma actual.
O termo correfoc xurdiu en diferentes pasarrúas de festas maiores ou celebracións populares de Cataluña, como unha manifestación improvisada da xente, dragóns e os demos que actuaban correndo, saltando e bailando conxuntamente baixo o lume. Durante a década dos anos 80 e 90 foise esparexendo por outros territorios de fala catalá.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Correfoc |