Corta dos prados
Corta dos prados | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Microtus (Terricola) lusitanicus' (Gerbe, 1879) | |||||||||||||||||||||||
Distribución mundial de Microtus lusitanicus.
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A corta dos prados (Microtus lusitanicus) é unha especie de roedor da familia Cricetidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha corta de pequeno tamaño, de orellas e cola pequenas, a forma do seu corpo reflicte o seu tipo de vida subterránea: cabeza grande, fociño romo, ollos pequenos e corpo cilíndrico. A pelaxe vai desde o gris escuro ao sepia, ventre gris, cola bicolor, co dorso máis escuro.
Distribución
[editar | editar a fonte]Distribúese polo cuadrante noroccidental da Península Ibérica e o extremo suroccidental de Francia. En España o límite oriental sitúase no norte de Navarra e Huesca, desde onde baixa pola Rioxa, Soria, serras de Guadarrama, Gredos e Gata. En Portugal penetra pola serra da Estrela, chegando até Setúbal, ao sur de Lisboa.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Aparece en lugares moi diversos desde beiras de pequenos ríos, bosques de castiñeiros e carballos, como en plantacións de patacas e cenorias, arrozais e cultivos de froiteiras. A súa presenza está condicionada pola existencia de solos brandos e húmidos cunha densa cobertura vexetal. Aparece desde o nivel do mar até os 2.000 metros na serra de Gredos e os Pireneos.
Depredación
[editar | editar a fonte]É presa habitual da curuxa común (Tyto alba), e da avelaiona, así como de diversos carnívoros de pequeno e mediano tamaño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corta dos prados |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corta dos prados |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de corta dos prados |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Microtus lusitanicus (como Pitymys lusitanicus) en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico.
- Cranio e dentes da corta dos prados. No "Atlas virtualsobre cranios, ósos, esqueletos e denticións dos mamíferos ibéricos" do apartado de rastros de mamíferos do sitioArquivado 11 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Barbastella.
- (es) Microtus lusitanicus no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
- (en) Microtus (Terricola) lusitanicus, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Visto o 3 de xaneiro de 2020.
- Status de conservación: Amori, G., Hutterer, R., Krystufek, B., Yigit, N., Mitsani, G. & Muñoz, L. J. P. 2008. Microtus lusitanicus. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1. - IUCN Red List <www.iucnredlist.org> (NT). Consultado o 14 de agosto de 2009.