Crates de Atenas (filósofo)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV a. C. |
Morte | 268 a. C. ↔ 264 a. C. |
Scholarch of the Platonic Academy (en) | |
270 a. C. – década de 260 a. C. ← Polemo (pt) – Arcesilau (pt) → | |
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Período de tempo | Período helenístico |
Movemento | Platonismo |
Profesores | Polemo (pt) |
Alumnos | Arcesilau (pt) , Bión de Borístenes, Teodoro o Ateo e Crantor (pt) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) , (sec:Crates) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Krates 8) |
Crates de Atenas (en grego antigo Κράτης, en latín Crates), finado polo 268-264 a.C., fillo de Antíxenes, foi un filósofo grego discípulo, amante e amigo de Polemón de Atenas, e o seu sucesor como escolarca na Academia ao redor do -270. Segundo Dióxenes Laercio, que reproduce un epigrama de Antágoras de Rodas, compartían filosofía, compartían casa e mesmo compartiron tumba.
Arcesilao de Pítana foi o seu discípulo. Deixara a escola de Teofrasto para incorporarse á de Crates. Dióxenes Laercio dixo que Crates sempre tiña unha mesa posta na casa de Crántor de Soli, e que ambos convivían amorosamente con Arcesilao. Cando Crates morreu deixou escritos varios libros.
Os seus discípulos máis insignes foron, ademais do filósofo Arcesilao, Teodoro Ateo (fundador dunha seita filosófica), Bión de Borístenes e tamén Crántor de Soli.
Obras
[editar | editar a fonte]Os seus escritos perdéronse, mais Dióxenes Laercio comentou que trataban sobre filosofía, obras de teatro e comedias e algunhas eran coleccións de discursos, pero seguramente os discursos eran de Crates de Trales.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dióxenes Laercio. περὶ βίων, δογμάτων καὶ ἀποφθεγμάτων τῶν ἐν φιλοσοφία εὐδοκιμησάντων (Sobre as vidas, as opinións e as sentenzas dos filósofos ilustres) IV, 21-23
- ↑ Smith, William (ed.). "Crates of Athens". A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Consultado o 5 de outubro de 2022.