Creative Commons
Creative Commons | |
---|---|
Acrónimo | CC e 🅭 |
Tipo | organización sen ánimo de lucro, editorial e autor |
Campo de traballo | licença pública de direitos autorais e Dereito de autoría |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 15 de xaneiro de 2001 |
Fundador(es) | Lawrence Lessig, Hal Abelson e Eric Eldred |
Director/a | Ryan Merkley, Catherine Stihler e Anna Tumadóttir |
Nº de empregados | 147 |
Organización relacionada | Recursos educativos abertos |
Premios | FSF Free Software Award for Projects of Social Benefit, Prix Ars Electronica e Open Publishing Awards |
Sede | Mountain View |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://creativecommons.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Creative Commons (bens "Comúns Creativos") é unha Organización Non-Gobernamental (ONG), sen fins de lucro, que foi fundada e presidida orixinalmente por Laurence Lessing, profesor de dereito na Universidade Stanford e especialista en ciberdereitos. O director xeral é o empresario xaponés Joichi Ito, que aventurou que "Creative Commons converterase nunha organización de estándares dos dereitos de autor" [1].
Obxectivos e servizos
[editar | editar a fonte]Esta organización desenvolve plans para axudar a reducir as barreiras legais da creatividade por medio de nova lexislación e as novas tecnoloxías.
Creative Commons está inspirada na licenza GPL (General Public License) da Free Software Foundation. A idea principal é posibilitar un modelo legal con ferramentas informáticas para así facilitar a distribución e o uso de contidos para o dominio público.
Ofrece unha serie de licenzas, cada unha con diferentes configuracións ou principios, como o dereito de autor orixinal para dar liberdade para citar a súa obra, reproducila, crear obras derivadas, ofrecela de xeito público e con diferentes restricións como non permitir o uso comercial ou respectar a autoría orixinal.
Unha das licenzas ofrecidas por Creative Commons é a licenza "Developing Nations" (Nacións en Desenvolvemento). Esta licenza permite que os dereitos de autor e regalías polas obras se cobren só nos países desenvoltos do primeiro mundo, mentres se ofrecen de xeito aberto nos países en vías de desenvolvemento.
Orixinalmente foron redactadas en inglés, mais despois adaptáronse a varias lexislacións arredor do mundo. Entre outras linguas, foron traducidas ó castelán, portugués, catalán e están sendo ó galego a través do proxecto International Commons. A nivel iberoamericano hai varios países involucrados no proceso: Brasil, España, Chile e a Arxentina, con licenzas traducidas e en funcionamento, e Perú, México, Colombia (entre outros) en proceso de tradución e posta en funcionamento.
Licenzas
[editar | editar a fonte]- Public Domain ou Dominio público
- Developing Nations
- Recombo
- Founder's Copyright
- Licenzas Creative Commons
- CC-GNU GPL
- CC-GNU LGPL
- Share Music ou Música compartida
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrevista en Consumer.es". Arquivado dende o orixinal o 11/10/2008. Consultado o 15/10/2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- creativecommons.org (en varias linguas).
- La Conquista Silenciosa del Ciberespacio: Creative Commons y el diseño de entornos digitales como nuevo arte regulativo en Internet, de arielvercelli.org (Libro licenciado con Creative Commons, castelán)
- Artigo sobre Creative Commons: Creative Commons y la profundidad del Copyright, de arielvercelli.org (castelán)
- Artigo sobre Creative Commons, de navegante.com (castelán)
- Propiedad intelectual y sociedad civil: Right or left? (castelán)