Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Crisol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ouro fundido nun crisol

Crisol é unha cavidade nos fornos que recibe o metal fundido. O crisol é un aparato normalmente feito de grafito con arxila que pode soportar elementos a altas temperaturas, xa sexa o ouro derretido ou calquera outro metal, normalmente a máis de 500 °C. Algúns crisois soportan temperaturas que superan os 1500 °C.

Tamén se lle denomina así a un recipiente de laboratorio resistente ao lume e utilizado para fundir substancias. É usado nas análises gravimétricas.

En sentido figurado significa lugar onde se adhiren e se unen diferentes ideas, persoas, nacionalidades, culturas etc. dando lugar a unha síntese de todas elas.

En arqueoloxía ven significar tamén os restos sobrantes da fundición dun metal. Serven como testemuña da actividade metalúrxica dos antigos habitantes dos sitios arqueolóxicos achegando importantes datos.