Croissant
Un croissant[1] (pronunciado cruasán) é un bolo orixinario de Austria, elaborado con masa fermentada ou de follado enrolada en forma de media lúa[2]. A verba croissant é francesa e significa crecente. O pan está feito de fariña, azucre, sal, leite, fermento, manteiga e ovo para pincelar.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo galego croissant é un galicismo, vén pois do francés croissant, AFI: [kʁwa'sɑ̃], “crecente”, aludindo á fase da lúa),[3].
Historia
[editar | editar a fonte]A súa orixe atribúese aos panadeiros de Viena[4], onde era coñecido polo nome de Kipferl desde o século XIII, facéndose de tamaños variados. [5]. Segundo a tradición, en 1683 (Batalla de Viena), mentres os panadeiros traballaban á noite, estes ouviron o balbordo que o inimigo otomán facía ao cavar un túnel, e ao dar a alarma sobre o que estaba a acontecer, conseguiron impedir o éxito do ataque. O formato en crecente sería alusivo á bandeira do Imperio Otomán. Os franceses aínda hoxe chaman a este tipo de pan amanteigado viennoiserie’’.
Algunhas pescudas atribúen a súa invención ao comerciante vienés de orixe polaca Franz Georg Kolchitsky que vivía en Constantinopla, onde coñeceu o café en 1475. Despois da batalla, os turcos abandonaron unhas 500 sacas do produto, que Franz apañou e aproveitou para abrir un "café", e onde comezou a servir a bebida. Para acompañar o café, inventou ese pan en forma de crecente[6].
María Antonieta, orixinaria de Viena, introduciu e popularizou o croissant en Francia, a partir de 1770, onde hoxe é un alimento tradicional do almorzo matinal cunha boa cunca de café con leite. Os nutricionistas recomendan moderación no seu consumo pois contén a metade do seu peso en graxa.
Características
[editar | editar a fonte]O segredo do croissant está na masa, que debe ser semifollada. A masa semifollada posúe menos graxas, menos dobras e leva fermento biolóxico. As dobras son responsábeis da separación da masa e das camadas de graxa que proporcionan a "follaxe" do croissant.
Un bo croissant debe ter un bo aspecto, como unha lúa en cuarto crecente, cunha crosta crocante e unha bela cor dourada. As puntas deven estar separadas do medio, e o miolo debe ser claro, aerado, e mostrar a consistencia certa.
Os defectos máis comúns son ser engraxado, polo uso de manteiga de menor calidade; masa con sabor moi doce por utilizar moito azucre para mascarar ingredientes mediocres; cor sen uniformidade, por defecto do forno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Termo galego no Dicionario da Real Academia Galega
- ↑ Definición de croissant en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ RAE. "cruasán". Diccionario de la lengua española- Edición del Tricentenario (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ "Enciclopédia Larousse Gastronomique - París
- ↑ "Jacob Grimm and Wilhelm Grimm, Deutsches Wörterbuch von Jacob Grimm und Wilhelm Grimm 11". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2015. Consultado o 05 de outubro de 2014.
- ↑ "A rainha que virou Pizza" - Autor: J.A. Dias Lopes - Companhia Editora Nacional - 2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Croissant |