Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Crooner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A denominación crooner aplícase a certos cantantes masculinos que interpretan un tipo concreto de baladas. Esta palabra é de orixe estadounidense e en inglés ten connotacións semellantes a trobador. Un crooner adoita posuír unha voz grave e normalmente faise acompañar por unha orquestra ou unha Big Band. Orixinalmente aplicábase de xeito pexorativo, o que supuxo que moitos cantantes considerados como tal renegaran do termo. Este foi o caso de Frank Sinatra, quen declarou que non cría que el ou Bing Crosby foran crooners. En Galicia, un exemplo de crooner podería ser Pucho Boedo.

Evolución

[editar | editar a fonte]
Bing Crosby.

O crooning ten as súas raíces no Bel canto da ópera italiana e nos intérpretes vocais de jazz. Algúns crooners, como Frank Sinatra, Bing Crosby ou Dean Martin tamén incorporaron outros xéneros na súa música, como o blues ou o dixieland. Converteuse na música vocal máis popular nos Estados Unidos desde os anos 1920 até comezos dos anos 1960, coincidindo cos inicios da radio e as gravacións musicais. Unha proba deste éxito era o show radiofónico Kraft Music Hall, conducido por Bing Crosby e emitido entre 1935 e 1946, o cal era seguido cada semana por 50 millóns de persoas.

Decadencia

[editar | editar a fonte]

Logo de 1954 a música popular nos Estados Unidos estivo dominada por outros xéneros, especialmente o rock and roll, mentres a música doutros cantantes modernos como Perry Como ou Matt Monroe era cualificada como easy-listening. Algúns crooners seguiron mantendo a súa popularidade entre os seguidores do pop máis tradicional, como no caso de Tony Bennett, Tom Jones, Engelbert Humperdinck ou John Crooner Jr.

Crooners clásicos

[editar | editar a fonte]

Entre os crooners clásicos pódense destacar, ademais dos mencionados anteriormente, a Lucho Gatica, Nat King Cole, Andy Williams, Paul Anka, Sammy Davis Jr., Nino Bravo, Neil Sedaka, Bobby Darin ou Del Shannon. Na actualidade pódense considerar crooners a cantantes como Al Martino, Harry Connick Jr, David Bowie, Jens Lekman, Jean Sablon, Roger Cicero, Jamie Cullum, Michael Bublé, Morrissey, Pucho Boedo, Engelbert Humperdinck, Bryan Ferry, Raphael Gualazzi, Enrique Guzmán, Julio Iglesias ou Luis Miguel.

Influencia

[editar | editar a fonte]

Outros artistas de pop foron influídos polos crooners clásicos e a miúdo foron vinculados a eles, como Scott Walker, Serge Gainsbourg ou Lee Hazlewood. A tradición de cantantes que foron considerados nalgunha ocasión crooners no mundo do rock consolidouse especialmente con cantautores como Leonard Cohen, e algo máis tarde con Tom Waits e Nick Cave. Todos estes artistas unieron a idea de crooner a un concepto artístico moito máis iconoclasta e rompedor.

Máis recentemente, outros cantantes, especialmente no pop alternativo, tamén recibiron unha grande influencia dos crooners. Este é o caso de Mark Lanegan de Screaming Trees, Chris Isaak, Jarvis Cocker de Pulp, Adam Green de Moldy Peaches, Neil Hannon de The Divine Comedy, Stuart Staples de Tindersticks, Richard Hawley, Jay-Jay Johanson, Mario Biondi ou Matteo Brancaleoni.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]