Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cuarto de baño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuarto de baño típico.
Cuarto de baño en Hong Kong, onde a área para ducharse comparte o mesmo espazo que o inodoro e o lavabo.

Un cuarto de baño[1] (chamado tamén sanitario[2] ou simplemente baño[1]) é unha habitación xeralmente utilizada para o aseo persoal, o baño e a evacuación de refugallos humanos.

Elementos fundamentais dun baño

[editar | editar a fonte]
  • Bañeira e/ou ducha, aínda que tamén existe o baño de visitas que non adoita ter este elemento.
  • Inodoro ou retrete utilizado para a evacuación.
  • Lavabo (tamén chamado lavamans), onde se adoitan lavar as mans. Tamén se usa para afeitarse (os homes), cepillarse os dentes ou colocarse lentes de contacto.
  • Espello, onde se reflicte a nosa imaxe e podémonos ver (adoita servir de apoio para peitearse, para retocarse a maquillaxe, afeitarse etc).
  • Adicionalmente, tamén poden terse os seguintes elementos:
    • Bidé, recipiente baixo con auga corrente e desaugadoiro, ideado para asear os órganos xenitais externos e o ano, aínda que tamén é utilizado para lavarse os pés;
    • Armarios ou baldas para almacenar produtos de aseo.
    • Urinarios, elementos usados nos sanitarios públicos para cabaleiros (recintos educativos, centros comerciais, oficinas etc.) sendo moi raro o seu uso en cuartos de baño residenciais.

Accesorios habituais

[editar | editar a fonte]
  • Toalleiros, tanto para toallas de man como de baño;
  • Portarrolos, para colocar o papel hixiénico;
  • "Escobilleiro", para facilitar a hixiene do inodoro e doutras zonas.

Particularidades

[editar | editar a fonte]

En certos baños non se instalan todos os aparellos e accesorios que foron sinalados. En países fríos adóitase separar o inodoro (cun lavamans) noutro local á parte, posto que esta área require máis ventilación, e iso arrefriaría demasiado o ambiente cando se desexa tomar unha ducha.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para baño.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sanitario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]