Década de 770
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século VIII | |||||
| |||||
|
770
- Artigo principal: 770.
Asia
- Konin (709-782) convértese en emperador do Xapón, ha reinar ata 781.
Europa
- O Ducado de Brescia incorpórase ao Sacro Imperio Romano de Carlomagno.
Ciencia e tecnoloxía
- O indio Manka introduce na corte califal de Bagdad, o Siddhanta, tratado clásico de astronomía india.
771
- Artigo principal: 771.
África
- Os kharijitas toman Cairuán (na actual Tunicia).
- Batalla de Tobna, na rexión magrebí de Aurès. A insurrección kharijita é afogada.
Asia
Europa
- 4 de decembro : Carlomagno comeza a gobernar en solitario, polo falecemento de seu irmán Carlomán, e négase a reservarlle aos sobriños os dereitos sucesorios do seu irmán.
772
- Artigo principal: 772.
Oriente Próximo
- O califa Al-Mansur ordena que cristiáns e xudeus de Xerusalén leven un sinal nas mans que os identifique.
Europa
- 1 de febreiro — Hadrián I é o novo papa (até 795).
- En Gran Bretaña, Offa de Mercia conquista Sussex (data aproximada).
- No contexto das guerras saxoas (até 804), Carlomagno destrúe Irminsul, a árbore sacra, axis universalis (eixe do mundo), venerado polos xermanos, que estaba na fortaleza de Eresburg (preto da actual Paderborn, Alemaña), que o rei franco tomara.
773
- Artigo principal: 773.
- Carlomagno cruza os Alpes, e entra en Italia para atacar os longobardos, seguindo o chamamento que lle fixera o papa Hadrián I.
- Teodicio deixa de ser duque de Spoleto.
774
- Artigo principal: 774.
- Carlomagno faise coroar como rei dos francos e longobardos, tras derrotar en marzo a Desiderio, derradeiro rei longobardo, despois do Cerco de Pavia. Toma ademais o título de patricio romano.
- Arechis II, duque de Benevento, convértese en Príncipe de Benevento.
- Hildeprando convértese en duque de Spoleto.
- Silo accede ao trono de Asturias por elección nobiliaria.
- Silo derrota aos galegos sublevados en Monte Cubeiro, a 5 leguas da cidade de Lugo.
- Os elementos de Euclides son traducidos ao árabe.
775
- Artigo principal: 775.
- 14 de setembro - Comeza o reinado de LeónIV o Xázaro, emperador bizantino (até 780).
Oriente Próximo
- Outubro - Al-Mahdí, fillo de Al-Mansur, tórnase o 3º califa abasida (775-785).
- Os musulmáns reinician a ofensiva contra o imperio bizantino (775-809).
Arte e cultura
- 23 de agosto - Data de redacción do Celeiro, documento do rei Silo de Asturias, o máis antigo que se conserva na Península Ibérica.
776
- Artigo principal: 776.
- Tras a conquista franca, desaparecen os ducados de Toscana, Spoleto e Friúl.
- León IV, emperador bizantino, asocia ao trono ao seu fillo Constantino VI.
777
- Artigo principal: 777.
778
- Artigo principal: 778.
- 15 de agosto - Batalla de Roncesvales: Carlomagno é atacado e derrotado polos vascóns, no paso homónimo dos Pireneos occidentais, cando regresaba de atacar a cidade musulmá de Zaragoza, que non puidera expugnar logo de mes e medio de asedio.
- Como consecuencia da derrota de Roncesvales, os saxóns levántanse contra o dominio franco. Widukind, o seu xefe, regresa desde o seu exilio en Dinamarca.
- Insurrección en Gallaecia durante o reinado de Silo.
779
- Artigo principal: 779.
- 12 de xuño - Sobe ao trono da China, Dezong (en transcr. Wade Gilles: Te Tsung), noveno emperador da dinastía Tang (até 805).
- Construción da muralla de Offa.