Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Dance-punk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dance-punk
Orixe musicaldance, punk rock, disco, No Wave, New Wave, indie rock, post-punk, funk rock
Orixe culturalanos 70, Nova York e Londres
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, caixa de ritmos, sintetizadores
Derivadosnew rave

O dance-punk, tamén coñecido como disco-punk ou punk-funk, é un xénero musical aparecido a finais dos anos 70 e revivido na década dos 2000 que está estreitamente relacionado cos movementos post-punk e No Wave.[1]

Predecesores

[editar | editar a fonte]

Moitos grupos na época do post-punk adoptaron tempos máis rítmicos, propicios para bailar. Esas bandas estaban influenciadas pola música disco, o funk e outras músicas de baile populares nese tempo, ademais foron precedidos dalgúns traballos dos 70 de artistas como David Bowie, Brian Eno ou Iggy Pop, e de gravacións de bandas alemás de Krautrock. Entre os grupos dos 80 que influenciaron a estas bandas están Public Image Ltd., Gang of Four,[1] New Order, Killing Joke, The Cure e Siouxsie and the Banshees. da escena dance-punk de Nova York saíron Material, James Chance and the Contortions, Cristina Monet, ESG e Liquid Liquid. A cantante punk alemá Nina Hagen tivo un éxito dance no underground no ano 1983 con "New York / N.Y.", que mesturaba a súa voz punk con ristmos disco.[1]

Dance-punk contemporáneo

[editar | editar a fonte]

O dance-punk foi revivido por varias bandas da escena garage rock/post-punk revival a comezos dos anos 2000, particularmente por artistas como LCD Soundsystem (e o seu selo, DFA Records), Clinic, Death From Above 1979, Liars, The Rapture, !!! e Radio 4, aos que se lle uniron grupos máis orientados ao dance que adoptaron sons rock como Out Hud. No Reino Unido a cambinación do indie co dance-punk foi chamada como new rave na promoción de Klaxons, e o termo foi adoptado pola revista NME[2] e usado con grupos como Trash Fashion, New Young Pony Club,Hadouken!, Late of the Pier, Test Icicles e Shitdisco, formando unha escena cunha estética visual semellante á primeira música rave.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Reynolds, Simon (2005). Rip It Up and Start Again: Post Punk 1978-1984. Faber and Faber Ltd. ISBN 0-571-21569-6. 
  2. 2,0 2,1 Empire, Kitty. "Rousing rave from the grave" (en inglés). The Observer. Consultado o 28 de setembro de 2018.