Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

David Sancious

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Sancious
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Asbury Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo e música pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano, guitarra e teclado Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0761136 Musicbrainz: 4401f986-51b8-407b-a898-500543df9dae Songkick: 299748 Discogs: 289023 Allmusic: mn0000224954 Editar o valor en Wikidata

David Sancious nado en Long Branch, Nova Jersey, o 30 de novembro de 1953, é un multi-instrumentista e músico profesional de sesión estadounidense, célebre polo seu traballo coa E Street Band, o grupo de respaldo de Bruce Springsteen, na que foi contratado como teclista moi novo entre 1973 e 1975. Tras a fase con The Boss traballou en solitario como guitarrista tocando rock progresivo no selo Epic e como compositor dentro do xénero do jazz fusion instrumental.

Discografía

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro álbum en solitario, producido por Billy Cobham, Forest Of Feelings en 1975 é un traballo enmarcado no noise, minimalista en comparación co ELP. A crítica destaca o virtuosismo ao teclado de Sancious na canción 'Come On If You Feel Up To It~' , e á guitarra na canción de rock progesiva 'Dixie'. O seu álbum ao ano seguinte "Transformation and Tone", foi recibido como un álbum sorpresivo de jazz rock. Cítanse influencias da Mahavishnu Orchestra [1] , especialmente na vibración acústica da canción "The Play and Display of the Heart". De novo a crítica destacou a súa gran capacidade como guitarrista no longo tema ‘Sky Church Hymn 9’. Neste momento Sancious deixa o selo Epic para fichar por Arista cos que publica Dance of the Age of Enlightenment (1977), True Stories (1978) e Just as I Thought (1979) A suma total de álbums en solitario e contratado como músico de sesión supera os 40.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]