Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Dead Letter Office

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dead Letter Office
Recompliación de R.E.M.
Edición27 de abril de 1987
Gravación1981 - 1986
Duración43:22
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)I.R.S. Records
Producido porMitch Easter, Don Dixon, Joe Boyd, Don Gehman, R.E.M.
Cronoloxía
Lifes Rich Pageant
(1986)
Dead Letter Office Document
(1987)

Dead Letter Office é unha colección de rarezas e caras b da banda estadounidense de rock alternativo R.E.M., publicado o 27 de abril de 1987 a través do selo I.R.S. Records. O álbum é esencialmente unha colección de moitas gravacións adicionais de R.E.M. feitas desde antes de Murmur ata Lifes Rich Pageant, que foron descartes ou lanzáronse como caras b dos seus sinxelos a nivel internacional. Moitas das cancións son versións de bandas que influenciaron a R.E.M., como tres temas de The Velvet Underground, e cancións de Aerosmith ("Toys in the Attic"), Roger Miller ("King of the Road"), e do grupo tamén de Athens Pylon ("Crazy").[1]

O guitarrista Peter Buck escribiu notas irónicas e autocríticas (e, nun caso, desculpas) na notas para as cancións no libreto do álbum. Buck inicialmente tivo dúbidas sobre o seu lanzamento, dicindo que sentía como que a xente percibiría o álbum como da banda "que intenta sacar proveito, quizais vender algúns discos", xa que a data de lanzamento final era anterior á do último álbum de estudo da banda con I.R.S., Document, en apenas catro meses.[2]

O álbum foi publicado inicialmente como unha colección de 15 cancións en vinilo e casete, pero cando apareceu a súa edición en CD engadíronse os cinco temas do EP Chronic Town de 1982. Este foi o único CD dispoñible de Chronic Town ata o lanzamento da caixa de The Originals.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Bill Berry, Peter Buck, Mike Mills e Michael Stipe, agás onde se indique. 

Post side
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Crazy" (cara b dos sinxelos "Driver 8" e "Wendell Gee")Randy Bewley, Vanessa Briscoe, Curtis Crowe, Michael Lachowski 3:03
2. "There She Goes Again" (cara b de "Radio Free Europe")Lou Reed 2:50
3. "Burning Down" (cara b de "Wendell Gee")  4:12
4. "Voice of Harold" (cara b de "So. Central Rain")  4:24
5. "Burning Hell" (cara b de "Cant Get There from Here")  3:49
6. "White Tornado" (cara b de "Superman")  1:55
7. "Toys in the Attic" (cara b de "Fall on Me")Steven Tyler, Joe Perry 2:28
Script side
N.º TítuloEscritor(es) Duración
8. "Windout" (da banda sonora de Bachelor Party)Jeremy Ayers, Berry, Buck, Mills, Stipe 1:58
9. "Ages of You" (cara b de "Wendell Gee")  3:42
10. "Pale Blue Eyes" (cara b de "So. Central Rain")Reed 2:53
11. "Rotary Ten" (cara b de "Fall on Me")  2:00
12. "Bandwagon" (cara b de "Cant Get There from Here")Berry, Buck, Mills, Lynda Stipe, M. Stipe 2:16
13. "Femme Fatale" (cara b de "Superman")  2:49
14. "Walters Theme" (cara b de "So. Central Rain")  1:32
15. "King of the Road" (cara b de "So. Central Rain")Roger Miller 3:13
  1. "Dead Letter Office - R.E.M.". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-08-10. 
  2. Reveal: The Story of R.E.M., Johnny Black, 2004