Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Debra Winger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDebra Winger

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Cleveland Heights, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónCal State University, Northridge (pt) Traducir
James Monroe High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, actriz de televisión, produtora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeArliss Howard (1996–)
Timothy Hutton (1986–1990) Editar o valor en Wikidata
ParellaTimothy Hutton Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000700 Allocine: 1902 Rottentomatoes: celebrity/debra_winger Allmovie: p76921 TCM: 207811 TV.com: people/debra-winger IBDB: 493041
Instagram: wingerdebra BNE: XX1105620 Musicbrainz: c0a6a2ae-6cf3-46e7-bc3f-8a2849a9b2c7 Songkick: 2337463 Discogs: 965520 WikiTree: Winger-69 Editar o valor en Wikidata

Mary Debra Winger, nada en Cleveland Heights (Ohio) o 16 de maio de 1955, é unha actriz estadounidense candidata en tres ocasións ao premio Óscar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Cleveland Heights, no estado de Ohio. O seu pai, de ascendencia xudía, era distribuidor de produtos cárnicos; a súa nai tamén profesaba a relixión hebrea.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Aos 16 anos abandonou o colexio e marchou coa súa familia a Israel, onde viviu durante un tempo nun kibbutz. Foi enrolada nas forzas de defensa de Israel.[1]

De volta nos Estados Unidos aos 18 anos sufriu un grave accidente automobilístico que a deixou semiparalítica e cega, o que a obrigou a gardar cama durante 10 meses. Estudou criminoloxía e socioloxía, pero deixou os seus estudos para traballar como guía nun parque temático. Pasou case un ano ata que Winger puido recuperar a súa mobilidade e visión e foi entón cando tomou a determinación de ser actriz.

Primeiros papeis

[editar | editar a fonte]

Winger foi consecuente coa súa decisión e comezou a traballar en anuncios de televisión para darse a coñecer. O seu inicio foi en Slumber Party '57 na que aparece espida, sendo unha das primeiras actrices en aparecer sen censura.[2]

Entón foi contratada para unha serie de televisión moi popular nos Estados Unidos, Wonder Woman (1975-79), coa que tivo un notable éxito encarnado a Drusilla, irmá máis nova da protagonista. Tamén participou brevemente en Police Woman, serie de éxito protagonizada por Angie Dickinson.

A partir de aí xa conseguiu papeis no cine, aínda que os primeiros filmes nos que interveu non chamaron a atención. Si tivo maior impacto o seu primeiro filme onde tivo un papel protagonista: Por fin xa é venres, filme musical sobre a febre da música disco, onde Winger tivo por compañeiro a Jeff Goldblum.

Grandes éxitos

[editar | editar a fonte]

Con todo, a consolidación de Debra Winger como estrela tardou en chegar un pouco máis: foi en 1980, ao ser seleccionada entre 200 candidatas para o papel de amiga de John Travolta en Urban Cowboy, filme que tivo moito éxito e que lle permitiu demostrar os seus dotes de interpretación.

Grazas a iso obtivo dous anos despois dous papeis decisivos: un como coprotagonista, con Nick Nolte, do filme Cannery Row (substituíndo a Raquel Welch), e outro aínda máis importante, xunto a Richard Gere, no filme Un oficial e un cabaleiro, que tivo un enorme éxito de público, e polo cal conseguiu unha candidatura ao Óscar como mellor actriz principal.

Un ano despois interveu en A forza do cariño, xunto a Shirley MacLaine, e volveu ser candidata ao Óscar. En 1986 rodou Legal Eagles, con Robert Redford e Daryl Hannah, e en 1987 traballou en Black Widow, onde interpreta a unha axente do FBI que investiga o caso dunha dama (Theresa Russell) que asasina sistematicamente os seus maridos para quedar coas súas fortunas.

A finais da década de 1980, Winger enlazou varios filmes de prestixio. En 1989 rodou unha adaptación da novela The Sheltering Sky de Paul Bowles, baixo a dirección de Bernardo Bertolucci e con John Malkovich como coprotagonista. En 1993 rodou xunto a Anthony Hopkins Shadowlands, dirixido por Richard Attenborough (pola cal recibiu a súa terceira candidatura ao Óscar), e en 1995 a comedia romántica Forget Paris dirixido e coprotagonizado por Billy Crystal.

Winger era considerada unha actriz de excelencia, moi versátil, que matizaba intensamente as súas personaxes cunha aura de fraxilidade e rudeza, ao mesmo tempo xuntado a unha boa aparencia e sensualidade moi persoal.[3] Con todo, gañouse ademais unha reputación cos directores de entón de ser unha actriz coa que era difícil traballar no estudio, debido á súa intensa personalidade e ideas propias. Rexeitou papeis en diversos proxectos prometedores, como A League of Their Own (1992), con Tom Hanks e Madonna, supostamente porque non quería traballar con esta. O seu papel fíxoo finalmente Geena Davis. Sobre o seu carácter difícil, nunha ocasión explicou: «Nunca discuto polo tamaño da miña caravana nin cousas así, senón sobre traballo». A lendaria Bette Davis saíu na súa defensa ao dicir: «En Debra Winger vexo algo de min».

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Tras estas películas e aos corenta anos de idade, en 1995 Winger fixo saber aos profesionais do cine que non estaba interesada en actuar en filmes comerciais se non tiñan un debido nivel de calidade. Preferiu traballar menos e pasar períodos máis longos entre filme e filme antes que participar en filmes de pouco nivel, polo que a prensa considerou que se estaba a retirar da industria do cine. Aínda así foi traballando regularmente dende entón, demostrando en cada ocasión que é unha grande actriz, coa versatilidade necesaria para actuar en papeis moi diversos. En 2002 protagonizou un singular documental, Searching for Debra Winger, dirixido por Rosanna Arquette.

En 2008 apareceu en Rachel Getting Married, protagonizado por Anne Hathaway e dirixido por Jonathan Demme, e en datas próximas causou balbordo nos medios especializados ao publicar as súas polémicas memorias (tituladas Undiscovered) onde criticaba o mundo de Hollywood. A participación de Winger neste filme cultivou moitas boas opinións do público, pero foi ignorada polos críticos.

Máis adiante participou nun papel protagonista na terceira tempada da serie In Treatment. Ademais impartiu unha cátedra de cine na Universidade Harvard durante un semestre.[4]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Debra Winger tivo unha curta relación con Robert Redford en 1986, pero abandonouno ese ano para casar cun amigo de Redford, Timothy Hutton.[5] Winger estivo casada durante catro anos con el e a parella tivo un fillo, Noah. Divorciáronse en 1990.

Tivo por parella o gobernador de Nebraska, Bob Kerrey por algún tempo e uns anos máis tarde, en 1996, Winger volveu casar cun actor e axente de cine chamado Arliss Howard co que tivo un segundo fillo.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe
1976 Slumber Party '57 Debbie
1978 Por fin xa é venres Jennifer
1979 Os guerreiros Girl on Subway (sen acreditar)
1979 French Postcards Melanie
1980 Urban Cowboy Sissy
1982 Cannery Row Suzy DeSoto
1982 E.T. the Extra-Terrestrial Halloween Zombie—Nurse with poodle[6] (sen acreditar)
1982 Un oficial e un cabaleiro Paula Pokrifki
1983 A forza do cariño Emma Horton
1984 Mike's Murder Betty Parrish
1986 Legal Eagles Laura J. Kelly
1987 Black Widow Alexandra 'Alex' Barnes
1987 Made in Heaven Emmett Humbird
1988 Betrayed Catherine Weaver
1990 Everybody Wins Angela Crispini
1990 The Sheltering Sky Kit Moresby
1992 Leap of Faith Jane Larson
1993 Wilder Napalm Vida Foudroyant
1993 Shadowlands Joy Gresham
1993 A Dangerous Woman Martha Horgan
1995 Forget Paris Ellen Andrews Gordon
2001 Big Bad Love Marilyn
2002 Searching for Debra Winger Ela mesma
2003 Radio Linda
2004 Eulogy Alice Collins
2008 Rachel Getting Married Abby
2012 Lola Versus Robin
2014 Boychoir Ms. Steel
2017 The Lovers Mary
2019 Untitled Miranda July Project
  1. Allen, Henry (13 de decembro de 1983). "Debra Winger, Coming to Terms". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2016. She tried studying criminology and sociology at Cal State-Northridge, and went to Israel to spend time on a kibbutz, but by 17, she'd moved away from home and she was making it in commercials. 
  2. Bio Debrea Winger
  3. "¿El retorno de Debra Winger?". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de febreiro de 2011. 
  4. Solomon-Schwartz, Benjamin P. (September 28, 1999). "Winger Trades Silver Screen for Section". The Harvard Crimson. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  5. Bio Robert Redford
  6. Brode, Douglas. Fantastic Planets, Forbidden Zones, and Lost Continents. University of Texas Press (2015). p. 215

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]