Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Debussy (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debussy
Foto do cráter Debussy tomada pola sonda MESSENGER.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Mercurio
Diámetro 80,16 km[1]
85 km[2]
Coordenadas 33,97° S 347,31° O[1]
Procedencia do nome Claude Debussy, compositor francés.[1][2]

Debussy é un cráter de impacto cun prominente sistema de raios que está situado no hemisferio sur do planeta Mercurio, que foi descuberto en 1969 grazas ás observacións con radar de baixa resolución feitas dende o Observatorio Goldstone.[3] Máis tarde, en 1990-2005, foi fotografado con máis detalle polo Observatorio de Arecibo. O cráter foi inicialmente coñecido coma o accidente xeolóxico A.[4] A aparencia brillante dos raios nas imaxes de radar indican que o cráter é xeoloxicamente novo, porque superficies frescas e ásperas dos cráteres de impacto recentes son boas dispersoras das ondas de radio.[4]

Debussy recibiu o seu nome en honra a Claude Debussy (1862-1918), un dos máis importantes compositores franceses, que traballaban no campo da música impresionista.[2] Ten un diámetro de preto de 85 km, mentres que os raios se estenden ó longo de centos de quilómetros, cubrindo boa parte do hemisferio sur.[3] O sistema de raios de Debussy é o segundo máis importante de Mercurio, despois do sistema do cráter Hokusai.[4]

Primeira fotografía tomada dende a órbita de Mercurio

Este cráter é un dos accidentes xeolóxicos destacados na primeira foto sacada dende a órbita de Mercurio, que foi tomada o 29 de marzo do 2011 pola sonda MESSENGER, imaxe da esquerda.

  1. 1,0 1,1 1,2 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Debussy on Mercury". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 21-04-2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 SpaceDaily (ed.). "Ten Craters On Mercury Receive New Names". Consultado o 21-04-2013. 
  3. 3,0 3,1 NASA, ed. (06-10-2008). "PIA11371: "A" Spectacular Rayed Crater". Consultado o 21-04-2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Harmon, John K.; Slade, Martin A.; Butler, Bryan J. e o seu equipo; Rice, M.; Campbell, D; (2007). "Mercury: Radar images of the equatorial and midlatitude zones". Icarus 187 (2): 374–405. Bibcode:2007Icar..187..374H. doi:10.1016/j.icarus.2006.09.026.