Dendroctonus ponderosae
Dendroctonus ponderosae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Dendroctonus ponderosae é unha especie de escaravello curculiónido nativo dos bosques de América do Norte desde México á parte central da Columbia Británica no Canadá. Pode converterse nunha praga para algúns bosques de piñeiros. Ten un exoesqueleto negro e mide uns 5 mm, aproximadamente como un gran de arroz.
No oeste de América do Norte un gromo recente desta praga creada polo escaravello e os microbios asociados a el afectou amplas áreas de bosques de piñeiros da especie Pinus contorta, abranguendo máis de 160000 km2 de bosques na Columbia Británica.[1] O gromo no Parque Nacional das Montañas Rochosas de Colorado empezou en 1996 e causou a destrución de millóns de hectáreas de piñeiros das especies Pinus ponderosa e P. contorta. No pico do gromo en 2009, foron afectados uns 16000 km2.[2] O gromo despois declinou debido ás mellores condicións ambientais e porque moitas árbores vulnerables foran xa destruídas.[2][3]
Este escaravello pode vivir nas seguintes especies de piñeiros: Pinus ponderosa, Pinus albicaulis, Pinus contorta, Pinus sylvestris, Pinus banksiana,[4] Pinus flexilis, Pinus aristata,[5] e Pinus longaeva.[6] Normalmente estes insectos exercen un importante papel na vida dos bosques, atacando as árbores vellas ou debilitadas e acelerando o desenvolvemento de bosques máis novos. Porén, nos raros casos en que hai veráns moi cálidos e secos e invernos suaves, como ocorreu en 2004–2007 nos Estados Unidos e o Canadá, xunto con bosques cheos de piñeiros contorta maduros, poden orixinarse grandes epidemias sen precedentes.[7]
O gromo recente pode que fose a praga de insectos forestais máis grande vista en América do Norte desde a colonización europea.[8] A plantación de monocultivos forestais e un século de supresión de incendios forestais contribuíu ao tamaño e gravidade do gromo e pode ter un efecto significativo sobre a capacidade dos bosques de retirar da atmosfera gases de efecto invernadoiro como o CO2.[9]
Debido ao seu impacto forestal, secuenciouse o transcriptoma[10] e o xenoma[11] deste escaravello. Foi o segundo xenoma dun escaravello en ser secuenciado.
Infestacións das árbores
[editar | editar a fonte]Os D. ponderosae afectan os piñeiros ao poñer ovos baixo as súas codias. Os escaravellos introducen fungos na madeira branda (o sámago) o que impide que a árbore repela e mate os escaravellos atacantes cun fluxo de resina. O fungo tamén bloquea o transporte de auga e nutrientes polos vasos condutores da árbore. Na parte exterior da árbore isto ten como resultado a formación de masas de resina con forma de flocos de millo, chamados "tubos de resina", onde os escaravellos entraron.[12] A acción conxunta da alimentación das larvas e a colonización fúnxica mata a árbore hóspede en poucas semanas, deixando a capa superficial da árbore danada e cortando o fluxo de nutrientes. Nos últimos anos as condicións de seca debilitaron aínda máis as árbores, facéndoas máis vulnerables e incapaces de defenderse contra o ataque. Cando unha árbore empeza a ser atacada, permanece polo momento verde. Xeralmente un ano despois do ataque as follas aciculares xa se puxeron vermellas. Isto significa que a árbore está morrendo ou xa morta e que os escaravellos se mudaron a outra árbore. En tres ou catro anos despois de iniciado o ataque queda moi pouca follaxe, polo que as árbores aparecen grises.[7]
A medida que as poboacións de escaravellos aumentan ou que máis árbores están estresados pola seca ou outras causas, a praga pode rapidamente incrementarse e espallarse. As árbores saudables son despois atacadas e enormes áreas de piñeiros maduros poden ser ameazadas ou morrer. Os veráns cálidos e invernos suaves xogan un importante papel na supervivencia do insecto e na continuación ou intensificación do gromo. As condicións climatolóxicas adversas (como os invernos con temperaturas de moitos graos baixo cero) poden reducir as poboacións de escaravellos e diminuír o seu espallamento, pero os insectos poden recuperarse rapidamenre e reiniciar o seu ataque en bosques sans.
Ciclo vital
[editar | editar a fonte]Os escaravellos desenvólvense pasando por catro estadios: ovo, larva, pupa e adulto. Excepto durante uns poucos días do verán cando os adultos saen das árbores onde se criaron e voan para atacar novas árbores, todos os estadios da vida os pasan baixo as codias.[13]
En arboredas situadas a baixa altura e en anos cálidos, os escaravellos necesitan un ano para completar unha xeración. A maiores alturas, onde os veráns son normalmente máis fríos, os ciclos vitais complétanse nun ou en dous anos.
Os escaravellos femias son os que inician o ataque. Mastigan a codia interna e o floema, liberan feromonas, que atraen aos machos á mesma árbore. Os escaravellos que están realizando un ataque producen máis feromonas, orixinando un ataque en masa que supera as defensas da árbore e causa ataques nas árbores veciñas.
Os predadores naturais do escaravello son certas aves, especialmente os petos, e varios insectos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Irvin, Doyle (2017-02-15). "Blisters, Beetles and British Columbia: Global ReLeaf in Canada". American Forests Magazine. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2021. Consultado o 2021-09-09.
- ↑ 2,0 2,1 "Bob Ward: Colorado Wildfires Are Linked to Global Warming". Huffingtonpost.com. 2013-06-19. Consultado o 2014-02-14.
- ↑ "Broad-level Reconstruction of Mountain Pine Beetle Outbreaks from 1999-2015 across the Northern Region" (PDF). Fs.usda.gov. decembro de 2019. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ Erbilgin, Nadir; Ma, Cary; Whitehouse, Caroline; Shan, Bin; Najar, Ahmed; Evenden, Maya (30 de outubro de 2013). "Chemical similarity between historical and novel host plants promotes range and host expansion of the mountain pine beetle in a naïve host ecosystem". New Phytologist 201 (3): 940–50. PMID 24400902. doi:10.1111/nph.12573.
- ↑ Bentz, Barbara J.; Hansen, E. Matthew; Vandygriff, James C.; Stephens, S. Sky; Soderberg, David (2021). "Rocky Mountain bristlecone pine (Pinus aristata) is a confirmed host to mountain pine beetle (Dendroctonus ponderosae)". Western North American Naturalist (en inglés) 81. doi:10.3398/064.081.0102. Consultado o 9 de setembro de 2022.
- ↑ Bentz, Barbara J.; Millar, Constance I.; Vandygriff, James C.; Hansen, Earl M. (1 de abril de 2022). "Great Basin bristlecone pine mortality: Causal factors and management implications". Forest Ecology and Management 509: 120099. doi:10.1016/j.foreco.2022.120099.
- ↑ 7,0 7,1 "The mountain pine beetle, Dendroctonus ponderosae, is a small insect, less than a centimetre long, which lives most of its life under the bark of pine trees, including lodgepole, ponderosa and western white pine.". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2010. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ Petit, Charles (2007-01-30). "In the Rockies, Pines Die and Bears Feel It". The New York Times. Consultado o 2009-02-09.
- ↑ Kurz, WA; Dymond, CC; Stinson, G; et al. (2008-04-24). "Mountain pine beetle and forest carbon feedback to climate change". Nature 452 (7190): 987–990. Bibcode:2008Natur.452..987K. PMID 18432244. doi:10.1038/nature06777.
- ↑ Keeling, Christopher I.; Henderson, Hannah; Li, Maria; Yuen, Mack; Clark, Erin L.; Fraser, Jordie D.; Huber, Dezene P.W.; Liao, Nancy Y.; Roderick Docking, T.; Birol, Inanc; Chan, Simon K.; Taylor, Greg A.; Palmquist, Diana; Jones, Steven J.M.; Bohlmann, Joerg (2012-08-31). "Transcriptome and full-length cDNA resources for the mountain pine beetle, Dendroctonus ponderosae Hopkins, a major insect pest of pine forests". Insect Biochemistry and Molecular Biology 42 (8): 525–36. PMID 22516182. doi:10.1016/j.ibmb.2012.03.010.
- ↑ Keeling, Christopher I; Yuen, Macaire MS; Liao, Nancy Y; Roderick Docking, T; Chan, Simon K; Taylor, Greg A; Palmquist, Diana L; Jackman, Shaun D; Nguyen, Anh; Li, Maria; Henderson, Hannah; Janes, Jasmine K; Zhao, Yongjun; Pandoh, Pawan; Moore, Richard; Sperling, Felix AH; W Huber, Dezene P; Birol, Inanc; Jones, Steven JM; Bohlmann, Joerg (2013). "Draft genome of the mountain pine beetle, Dendroctonus ponderosae Hopkins, a major forest pest". Genome Biology 14 (3): R27. PMC 4053930. PMID 23537049. doi:10.1186/gb-2013-14-3-r27.
- ↑ "Mountain Pine Beetle". Ext.colostate.edu. 2014-01-08. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2001. Consultado o 2014-02-14.
- ↑ "US Forest Service Forest Insect and Disease Leaflet Mountain Pine Beetle" (PDF). Fs.fed.us. Consultado o 2014-02-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mountain pine beetle |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dendroctonus ponderosae |
- Death and Rebirth, Mountain Pine Beetle, Pesticides, Carcinogens, Cancer -David Chernoff, Manual For Living
- The Falldown Documentary- A look at the devastating impact of the beetle on British Columbia and Canada's Economy Arquivado 19 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- Trees targeted by beetle Arquivado 10 de marzo de 2001 en Wayback Machine.
- Canada's Forests Beetle Attack - The Economist
- British Columbia Ministry of Forests and Range Library - Bibliography of Mountain Pine Beetle Publications
- British Columbia Forestry Ministry - Mountain Pine Beetle Action Plan, information and FAQ
- British Columbia Ministry of the Environment Mountain Pine Beetle FAQ
- Canadian Forest Service (CFS) Graph and Table showing Mountain Pine Beetle data
- The TRIA Project: Mountain Pine Beetle System Genomics
- Natural predators of the pine beetle kill for reclamation and energy needs