Desova
En bioloxía, a desova é o acto de verter, por parte dos peixes, anfibios e insectos acuáticos, os óvulos e os espermatozoides no seu ambiente. Tamén se denomina así a época na que se produce este fonómeno,[1] e tamén a nube de ovos que resulta do anterior.
A maioría dos animais acuáticos, que non son mamíferos, nin réptiles, reprodúcense mediante o proceso de desova.
O verbo correspondete a esta acción é desovar.[2]
A desova componse das células reprodutivas (gametos) dos animais acuáticos, algunhas das cales serán fecundadas e producirán descendencia. O proceso da desova xeralmente comprende a liberación de óvulos (ovos non fecundados) na auga por parte das femias, case sempre en grandes cantidades, mentres que, de forma simultánea ou secuencialmente, os machos liberan espermatozoides para fecundar os óvulos.[3][4][5]
A maioría dos peixes reprodúcense mediante desova, ao igual que a maioría dos outros animais acuáticos, incluídos os anfibio, como ras, sapos, salamántigas e tritóns; os crustáceos, como cangrexos, centolas, nécoras e lagostas; moluscos como as ostras, mexillóns, luras e borrachas; equinodermos tales como os ourizos de mar e os cogombros de mar, e os insectos acuáticos, tales como os mosquitos, ademais dos celentéreos (hidras, amemones, medusas e corais).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cole, Kathleen S. (2010): Reproduction and Sexuality in Marine Fishes: Patterns and Processes University of California Press. ISBN 978-0-520-26433-5.