Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Deus Sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Carro Solar de Trundholm representa unha parte importante da mitoloxía nórdica

Un deus solar representa o Sol ou aspectos deste, como por exemplo as raiolas. Na mitoloxía de moitas culturas o Sol era un deus; foi venerado ao longo da Historia en moitas civilizacións, como a exipcia, a incaica, a chinesa, a grega ou en relixións como a hinduísta. Considérase que o culto ao Sol puido ser a orixe do henoteísmo e, despois, do monoteísmo.

Barca solar

[editar | editar a fonte]
Ra na súa barca solar

Unha barca solar ou bote solar é unha representación mitolóxica do sol conducindo unha barca.

  • No Neolítico os petróglifos amosan, nalgúns casos, posibles barcas solares.
  • Os petróglifos nórdicos da idade de bronce inclúen barcas en diferentes constelacións.
  • O barco de Khufu (Queops) de 43,6 metros de longo, foi atopado no complexo da Gran Pirámide de Gizeh e calcúlase que foi construído cara ao 2500 a. C., exemplo da importancia e simbolismo da barca solar para o paso ao outro mundo.
  • Moitos deuses exipcios son considerados deuses solares, como Ra e Horus, que son mostrados conducindo unha barca solar.
  • O Disco celeste de Nebra tamén podería mostrar unha barca solar.[1]

Carro solar

[editar | editar a fonte]

O carro solar é outra representación mitolóxica, como a barca solar, pero algo máis recente xa que se estima que a súa orixe corresponde á expansión indo-europea, despois da invención do carro, no segundo milenio adC.

Deuses solares por Culturas

[editar | editar a fonte]
Estatua de Hathor, no museo de Luxor, portando o disco solar.

En Exipto, o culto ao Sol prevaleceu durante séculos e asociouse o seu poder a moitos deuses, como Horus, Ra, Uadyet, Sejmet, Hathor, Nut, Bast, Bat, e Menhit. A partir da quinta dinastía os deuses locais fúndense con Ra para crear divindades sincréticas: Atum-Ra, Min-Ra ou Amón-Ra.

Durante a dinastía XVIII, o faraón Akenatón cambiou, temporalmente, o politeísmo que se practicaba en Exipto, proclamando un monoteísmo ao redor de Atón, representado polo disco solar, posiblemente para contrarrestar a grande influencia de clero de Amón.

Outras culturas

[editar | editar a fonte]
  • Na antiga Grecia considerábase que era o deus Helios.
  • No panteón relixioso mexica, o Sol era considerado unha deidade moi importante e debido ás súas crenzas, adoitábanse facer sacrificios humanos, para entregar o seu "sopro divino" ao sol Tonatiuh e mantelo vivo.
  • A cultura inca, asentada no que hoxe é o Perú, Bolivia, parte de Chile, Arxentina e Ecuador tiña como deidade ao Deus Sol chamado Inti. O Inca ou emperador, era considerado fillo de Inti. Considerado polas dinastías incaicas como o Sumo Facedor. Coa chegada dos españois, e a relixión católica no século XVI, os súbditos do Imperio Inca deixaron de adoralo. A esposa de Inti, Quilla, era a Lúa, deusa da muller e dos quefaceres femininos.
  • A cultura azteca, asentada o o actual México tiña dous deuses soles. Un era o Sol Vermello, ou Tetzcalipoca Vermello e tamén estaba o Sol Branco.
  • No Perú, chamáballos Deus do Sol aos xefes dos Incas que, segundo eles, eran o Sol e dise na lenda de Manco Cápac e Mama Ocllo que eles foron enviados polo seu pai o Sol.
  • Na simboloxía cristiá identifícase a Cristo con Helios e ao círculo coa eternidade.
  • O Sol e a Lúa simbolizan o ouro e a prata, rei e raíña, alma e corpo.
  • O Sol e a Lúa na crucifixión simbolizan as dúas naturezas de Cristo.
  • O Sol é a morada do arcanxo Miguel. A lúa é a morada do arcanxo Gabriel.
  • O Sol é o Pai Universal. A Terra simboliza a Nai Natureza e a fecundidade.
  1. "Disco de Nebra" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2006. Consultado o 15 de novembro de 2009. 
  2. Helios, theoi.com
  3. Helios & Phaethon, thanasis.com
  4. Moeda
  5. Biblia, Reyes 2:1-17

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]