Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Diamond League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaDiamond League
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Nome oficialSamsung Diamond League (2011–2013)
Wanda Diamond League (2020–) Editar o valor en Wikidata
Tipotorneo Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAsociación Internacional de Federacións de Atletismo Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorSamsung
Wanda Group (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2010 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadamaioEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialdiamondleague.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: Diamond_League Instagram: diamondleagueathletics Youtube: UC6PZm2HZT3uOL1Z9F203K4g Editar o valor en Wikidata


Gañadores da Diamond League 2010.

A Diamond League é unha competición de atletismo organizada pola IAAF, que foi creada en 2010 para substituír a Golden League (1998-2009). Trátase dunha competición formada por 14 reunións atléticas, nas que os atletas participantes acumulan puntos na súa proba segundo os resultados acadados en cada reunión.

Reunións

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa as 14 reunións que compoñen a edición 2012 da Diamond League:

Data Nome Estadio Cidade País
11 de maio Doha Meeting Estadio Qatar SC Doha Qatar
19 de maio Shanghai Golden Grand Prix Estadio de Shanghai Shanghai China
31 de maio Compeed Golden Gala Estadio Olímpico de Roma Roma Italia Italia
2 de xuño Prefontain Classic Hayward Field Eugene Estados Unidos de América Estados Unidos
7 de xuño ExxonMobile Bislett Games Bislett Stadion Oslo Noruega Noruega
9 de xuño Adidas Grand Prix Icahn Stadium Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
6 de xullo Meeting Areva Stade de France Saint-Denis Francia
13 e 14 de xullo Aviva London Grand Prix Crystal Palace Sports Centre Londres Reino Unido Reino Unido
20 de xullo Herculis Stade Louis II Mónaco Mónaco Mónaco
17 de agosto DN Galan Estadio Olímpico de Estocolmo Estocolmo Suecia Suecia
23 de agosto Athletissima Stade Olympique de la Pontaise Lausana Suíza Suíza
26 de agosto Birmingham Grand Prix Birmingham Alexander Stadium Birmingham Reino Unido Reino Unido
30 de agosto Weltklasse Zürich Letzigrund Stadium Zürich Suíza Suíza
7 de setembro Memorial van Damme Estadio Rei Balduíno Bruxelas Bélxica Bélxica

Na Diamond League dispútanse 32 probas, 16 masculinas e 16 femininas:

1. Cada proba realízase sete veces en toda a tempada.
2. Os puntos para cada reunión son:
4 puntos para o primeiro clasificado.
2 puntos para o segundo clasificado.
1 punto para o terceiro clasificado.
Na derradeira reunión acádanse o dobre de puntos.
3. O atleta que xunte máis punto ó remate da tempada é o gañador absoluto da proba. No caso de empate, o gañador é o que teña sumado máis vitorias, e no caso de que siga o empate, o gañador será o mellor na derradeira reunión. Deste xeito, para ser o gañador absoluto dunha proba é precisa a participación do atleta na derradeira reunión.
4. Na final de cada proba, en cada reunión, os participantes acadarán os seguintes premios:
10.000 $ para o primeiro.
6.000 $ para o segundo.
4.000 $ para o terceiro.
3.000 $ para o cuarto.
2.500 $ para o quinto.
2.000 $ para o sesto.
1.500 $ para o sétimo.
1.000 $ para o oitavo.
5. O gañador absoluto de cada proba acada o Trofeo de Diamante e 40.000 $.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]