Diego Sarmiento de Acuña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1567 (Gregoriano) Astorga, España |
Morte | 2 de outubro de 1626 (58 anos) Haro, España |
Ambassador of Spain in the Archduchy of Austria (en) | |
Embaixador do Reino de España no Reino de Inglaterra | |
Embaixador | |
Actividade | |
Ocupación | diplomático |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Constanza de Acuña |
Fillos | Q113918014 |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Astorga o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro (A Rioxa) o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de García de Sarmiento. Foi gobernador da fortaleza de Baiona en 1595, corrixidor de Toro e Valladolid e notario maior de Toledo.
Entre 1613 e 1618, e entre 1620 e 1622, foi embaixador en Inglaterra de Filipe III e do seu fillo Filipe IV. Neste labor gañou a amizade do rei Xacobe I, propiciando para a Coroa española importantes acordos e estables equilibrios internacionais.
En 1616 defendeu o Val Miñor dos ataques do corsario Francis Drake, polo cal foi nomeado conde de Gondomar polo rei Filipe III o 12 de xuño de 1617, co apoio do Consello de Estado.
Posicionamentos verbo do Reino de Galicia: a recuperación do voto na Cortes de Castela
[editar | editar a fonte]Foi membro do Consello de Estado 1623. Foi nomeado Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia en 1625 mais non chegou a tomar posesión.[1]
Defendeu para o Reino de Galicia o voto nas Cortes de Castela. Tras un século de peticións Filipe IV de España e, pola Real Cédula de 5 de febreiro de 1623, concedeu o voto a Galicia nas Cortes de Castela. Galicia estivera integrada ata entón na provincia de Zamora, e foi a primeira en romper a resistencia dos privilexiados nas Cortes de Castela. Galicia inaugurou un sistema de voto plural e alternativo, pois este voto para a nova provincia galega non se concedía a unha única cidade, senón ás capitais das sete provincias: Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui. Unha característica propia da representacion galega sería a súa pronunciada natureza aristocrática, nunha asemblea onde non era habitual a presenza da alta nobreza. Este sería o caso, nas Cortes de 1649, cos condes Altamira e Monterrei[2].
Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sufría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola Xunta do Reino de Galicia. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en Baiona.
Galego de dimensión internacional, sempre arelou manter os seus vencellos con Galicia; nunha carta de 1622 escribe: no ay jardines ni florestas en Inglaterra, como los robles y castaños de Gondomar.
As cartas
[editar | editar a fonte]Del consérvanse máis de 15.000 cartas, que nos permiten coñecer os recunchos da diplomacia e as relacións políticas e sociais da época. Tamén se conservan dirixidas a el en galego, porque os destinatarios sabían que o conde tiña en estima esta lingua. En total, foron publicadas dez cartas en galego no proxecto Gondomar,[3] dos seguintes remitentes (ordenadas cronoloxicamente):
- Pedro Obeso de Oriona 1596
- Lope Gallo de Avellaneda 1596
- Juan de Lanzós y de Andrade 1598
- María Moscoso y Sotomayor 1604
- Sanjuan de Amorín 1605
- Diego Sarmiento de Sotomayor 1605, 1605
- Beatriz da Serra 1603 1603
- Rodrigo Moscoso y Sandoval 1619
De enpregarme en causas de seu serviço con muyta certeça que ninguen con tanta vontade como eu aservirá, que en miña conciança que, quando eu non tibera a obrigaçon que o mundo save pola nobreça que en Vmd ("vosa mercede") coñeço o fijera A esos meus señores seus fillos de Vmd e primos meus ueyjo infinitas ueçes as mans e deus os faga en todo seus fillos de Vmd e de miña senara Dona Costança. A quens garde noso señor como eu seu criado desejo. Çamora, oje, sabado. Seu sobriño de Vmd. Don Juan de Lanços y de Andrade —Ano 1598. Carta en galego remitida a Diego Sarmiento de Acuña
|
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Diego Sarmiento de Acuña.
-
Retrato de 1622.
-
Retrato de 1791.[4]
-
Castelo de Monterreal.
-
Palacio Gondomar (Casa del Sol), Valladolid.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2014.
- ↑ Domínguez Martínez, Antonio (1961). “Concesiones de votos en Cortes a ciudades castellanas”. En: Anuario de Historia del derecho español, nº 31, pp.175-186.
- ↑ "Rosario Álvarez / Ernesto González Seoane (eds.) (2017), Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega".
- ↑ No libro Retratos de españoles ilustres, con un epítome de sus vidas (1791).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diego Sarmiento de Acuña |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Diego Sarmiento de Acuña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez Blanco, Rosario; Rodríguez Montederramo, Xosé Luís: "Escrita epistolar en galego: a correspondencia de Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar (1567-1626)", Boletín da Real Academia Galega 365, 2004:253-291 (I); 366, 2005:225-303 (II).
- Manso Porto, Carmen (2005). "Gondomar, Conde de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Maseda Maseda, Francisco Fidel, Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, 2011, Biblos, ISBN 978-84-15-08613-0.
- Rodríguez Montederramo, José Luis (2020). "A correspondencia do Conde de Gondomar : historia da colección e contido". Calen barbas, falen cartas: A escrita en galego na Idade Moderna. USC. pp. 409–439. ISBN 9788417802172.