Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Digital Mystikz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de DMZ.

Dixital Mystikz son un dúo de produtores de dubstep (formados por Mala e Coki – coñecidos como Malibu e Coke na adolescencia) do suburbio de South London en Norwood.[1][2] Con Loefah e Sgt. Pokes, que forman o grupo ASBO (All Soundbwoy Out), eles operan co selo discográfico DMZ e promoven a casa nocturna bimestral DMZ,[3] no complexo de baladas Mass en Brixton, Londres.[4] O Dj da BBC Radio 1 John Peel foi un dos primeiros en apoiar a Dixital Mystikz, colocándoos na edición 2004 da súa lista anual de 50 mellores, na 29ª posición.[5] Están entre os máis famosos nomes da escena dubstep.[6]

No verán de 2008, Mala foi escollido como atracción principal do Festival Sonar en Barcelona.[7] En abril de 2011, viaxou para Cuba con Gilles Peterson para producir o segundo traballo da serie 'Habana Cultura' de Gilles. Mentres el gravaba novo material con músicos locais, Mala comezou a traballar nun novo álbum, Mala in Cuba, que foi lanzado en setembro de 2012.[8] En 2015, o tema "Ghosts" figurou na banda sonora do xogo Grand Theft Auto V, máis concretamente na radio WorldWide FM.[9]

  1. Fact Magazine, ed. (28 de abril de 2010). "Digital Mystikz". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  2. "Zoopersound". Zoopersound.de. 22 de febreiro de 1999. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  3. Pitchfork Feature: Column: The Month in Grime / Dubstep
  4. "Pitchfork Feature: Column: The Month in Grime / Dubstep". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2015. Consultado o 02 de xullo de 2018. 
  5. "Radio 1 – Keeping It Peel – Festive 50s – 2004". BBC. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  6. "No Cover Review: Joe Nice". Citypaper.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  7. "Radio 1 – Events – Sonar". BBC. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  8. "Clash Music -Mala working on cuban album – 2012". clash music. Consultado o 24 de maio de 2012. 
  9. Goble, Corban (17 de novembro de 2014). "Grand Theft Auto V Reveals Expanded Radio Station Tracklists for Game Relaunch". Pitchfork Media. Consultado o 16 de decembro de 2015.