Dinosaur
Dinosaur | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Dinosaur Jr. | ||||
Publicado | 1985 | |||
Estudio(s) | "na casa de Chris Dixon" | |||
Duración | 40:25 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Homestead Records | |||
Produtor | Dinosaur Jr. | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Dinosaur é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr.,[1] editado en 1985 a través do selo Homestead Records.[2]
Este álbum debut do grupo mostra unha música máis folkarra do que se dá en traballos posteriores, aínda que algúns temas teñen uns toques hevis, aproximándose ao heavy metal, como por exemplo "Does it Float", "Mountain Man", e "Bulbs of Passion".
Sacaron este disco cando aínda se chamaban simplemente Dinosaur, antes de que legalmente se tivesen que pór Dinosaur Jr, sendo, pois, o nome do álbum homónimo ao da banda, daquela.
Recepción
[editar | editar a fonte]As críticas do álbum foron de neutrais a positivas. Nunha recensión retrospectiva para AllMusic, Stephen Thomas Erlewine deulle ao traballo 3 estrelas de 5, describindo Dinosaur como un traballo con algunhas cancións destacadas pero en xeral como "impresionantes, pero desiguais" debido á loita da banda por integrar hardcore punk e hard rock con toques de música experimental.[3] Pitchfork Media puntuouno cun 6,2 sobre 10, describíndoo como "un fodido desastre" con cancións demasiado longas inspiradas en demasiados estilos como para ser consistentes.[4]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas escritos por J Mascis.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Forget the Swan" | 5:09 | |||||||
2. | "Cats in a Bowl" | 3:35 | |||||||
3. | "The Leper" | 4:04 | |||||||
4. | "Does It Float" | 3:18 | |||||||
5. | "Pointless" | 2:46 | |||||||
6. | "Repulsion" | 3:04 | |||||||
7. | "Gargoyle" | 2:11 | |||||||
8. | "Severed Lips" | 4:02 | |||||||
9. | "Mountain Man" | 3:28 | |||||||
10. | "Quest" | 4:27 | |||||||
11. | "Bulbs of Passion" | 4:13 | |||||||
40:25 |
"Bulbs of Passion" non estaba incluído na versión orixinal; foi unha cara-b do sinxelo de "Repulsion". En seguintes reedicións de fitas e CDs engadiuse como última canción. Na versión do 2005 de Merge Records púxose a "Bulbs of Passion" como primeiro tema, ademais dun directo de 1985 de "Does It Float" como bonus track fechando o álbum.
Persoal
[editar | editar a fonte]- J Mascis - voces, guitarra, percusión
- Lou Barlow - baixo, voces, sintetizador
- Murph - batería, voces, sintetizador
- Chris Dixon e Glen - enxeñeiros
- Jason Talerman - fotografía
- Maura Jasper - Cuberta
- Lou Barlow - Cuberta de atrás
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Trammell, Matthew. "Three Decades of “Dinosaur”". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2020-08-25.
- ↑ "Dinosaur". Trouser Press (en inglés). Consultado o 2020-08-25.
- ↑ "Dinosaur - Dinosaur Jr. | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-08-25.
- ↑ "Dinosaur Jr.: Dinosaur / You're Living All Over Me / Bug: Pitchfork Record Review". web.archive.org. 2007-06-19. Archived from the original on 19 de xuño de 2007. Consultado o 2020-08-25.