Don Caballero
Don Caballero | |
---|---|
Orixe | Pittsburgh, Pensilvania, |
Período | 1991 – 1996 1997 – 2000 2003 – 2009 |
Xénero(s) | math rock, post-rock, rock instrumental |
Selo(s) discográfico(s) | Touch and Go, Relapse |
Membros | Damon Che Gene Doyle Jason Jouver |
Antigos membros | Mike Banfield Pat Morris Ian Williams Eric Emm Matt Jencik Jeff Ellsworth |
Na rede | |
http://shop.relapse.com/artist/artist.aspx?ArtistID=10165 | |
Don Caballero foi unha banda estadounidense de post-rock procedente de Pittsburgh, Pensilvania. O grupo toma o seu nome da personaxe Guy Caballero, interpretada por Joe Flaherty, no programa de "sketches" canadense Second City Television.[1] Nunha parodia do programa á película O padriño, Guy Caballero é chamado "Don Caballero".[2]
Don Caballero (afectuosamente chamada "Don Cab" ou "The Don" polos seareiros) formouse no verán de 1991, editou cinco álbums a través de Touch and Go Records entre 1993 e 2000 e separouse en novembro dese ano. O batería Damon Che recrutou novos músicos para reformar Don Caballero en 2003, e con esa nova formación lanzou dous álbums polo selo Relapse Records.[3] Don Caballero entraría en hiato no ano 2009. A obra da banda é case toda instrumental e céntrase en Damon Che, que vén sendo o único membro permanente de Don Caballero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A banda formouse en Pittsburgh, Pensilvania en 1991. A formación orixinal de Don Caballero consistía en Damon Che (batería), Mike Banfield (guitarra) e Pat Morris (baixo).[4] Os seus membros inicialmente pretendían recrutar un cantante para unirse ao grupo. Porén, os seus primeiros ensaios xeraron tal interese que ao trío ofrecéronlles concertos de pago e decidiron seguir como unha banda instrumental.[5] Ian Williams uniríase a eles no ano 1992 como segundo guitarrista.
O estilo enerxético e pouco convencional de Che na batería foi eloxiado con frecuencia, gañándose o alcume de "The Octopus" (o polbo) debido á forma salvaxe de axitar os brazos mentres tocaba.
A banda publicou dous sinxelos para os selos de Pittsburgh Pop Bus e Broken Giraffe, e outro para a etiqueta de Detroit Third Gear. Un contrato coa prestixiosa discográfica de Chicago Touch and Go Records levou á edición doutro sinxelo e finalmente á do seu álbum de estrea, For Respect, en 1993.
No outono de 1994 o baixista Pat Morris deixou Don Caballero para formar a banda Six Horse con Shannon Burns e Bill Baxter. Durante os anos 1994 e 1995 varios músicos da zona de Pittsburgh ocuparon o posto de baixista no grupo, entre os que se inclúen Len Jarabeck, Dave Reid, Matt Jencik e George Draguns.
No ano 1995 lanzaron o seu segundo álbum de estudio, Don Caballero 2. Tras a publicación deste disco, Che e Williams expandiron as súas respectivas paletas musicais: Che con Speaking Canaries (que contaba co baixista Karl Hendricks e o batería Noah Leger) e Williams con Storm & Stress, un trío de rock experimental co baixista Eric Emm e o batería Kevin Shea.
En 1997 o grupo volveu a reunirse tras un parón de case dous anos, desta vez co baixista orixinal Pat Morris de volta á banda. No seguinte ano editarían o seu terceiro álbum de estudio, What Burns Never Returns.
No outono de 1998 Pat Morris deixaría a banda novamente e foi substituñido polo baixista de Storm & Stress Eric Emm. Don Caballero realizou un feixe de exitosas xiras polos Estados Unidos e Europa, e finalmente publicou unha colección de sinxelos e cancións aparecidas en recompilatorios nun diso chamado Singles Breaking Up (Vol. 1). Durante este período Mike Banfield saíu do grupo sendo substituído pola antigo guitarrista de Bitch Magnet Fine briefly o que permitiu a Don Caballero completar as xiras de promoción de What Burns Never Returns.
A banda, novamente un trío e agora baseada en Chicago, xirou extensamente durante 1999 e 2000, tocando principalmente material novo. Para encher o oco deixado por Banfield, Williams e Emm tocaron con pedais Akai HeadRush que lles permitían facer loops e distintas capas nas súas partes.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Observacións |
---|---|---|---|
For Respect | 1993 | Touch and Go Records | |
Don Caballero 2 | 1995 | Touch and Go Records | |
What Burns Never Returns | 1998 | Touch and Go Records | |
Singles Breaking Up (Vol. 1) | 1999 | Touch and Go Records | recompilatorio |
American Don | 2000 | Touch and Go Records | |
World Class Listening Problem | 2006 | Relapse Records | |
Punkgasm | 2008 | Relapse Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Trouser Press (ed.). "Don Caballero". Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ "SCTV Network 90: The Godfather - TV.com". web.archive.org. 2009-02-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 2024-08-01.
- ↑ Facebook (ed.). "Don Caballero - Información da páxina". Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Don Caballero". Joyful Noise Recordings. Consultado o 2024-08-01.[Ligazón morta]
- ↑ "Don Caballero Songs, Albums, Reviews, Bio & Mo...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-08-01.