Donegal
Dún na nGall (ga) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Ulster | |||
Condados | Condado de Donegal | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.618 (2016) (987,92 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 2,65 km² | |||
Altitude | 32 m | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 74 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | donegaltown.ie |
Donegal (en irlandés: Dún na nGall) é unha cidade do condado homónimo da República de Irlanda, o condado de Donegal. Foi a capital do antigo reino de Tyrconnell (a terra de Conall), un territorio máis extenso que o actual condado, gobernado polo clan dos O'Donnell. Perdeu esta condición no século XVI, trala invasión inglesa que rematou co poder dos O´Donnell e estabeleceu á cidade de Lifford como "County Town".
É a cuarta cidade máis poboada do condado, tras Letterkenny (19,588 habitantes), Buncrana (7,199), e Ballybofey (4,852).
A orixe e significado do seu nome é a expresión gaélica Dún na nGall, que significa "o forte dos estranxeiros".[1] Estes estranxeiros deberon ser viquingos daneses que chegaron a esta terra antes do século XII.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase no centro da baía homónima, e distínguese das outras cidades do condado pola súa disposición urbanística. De orixe moi probablemente viquinga, no presente é unha localidade dedicada á pesca e ó turismo, este último bastante intenso grazas á súa estratéxica posición (xa que está situada sobre a estrada estatal que leva a Derry e a Letterkenny) e tamén grazas ós influxos históricos que a caracterizan.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Placenames Database of Ireland: Dún na nGall/Donegal
- ↑ The origin and history of Irish names of places.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |