Economía de Lituania
Economía de Lituania | |
---|---|
Moeda | Euro |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OSCE |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 61,6 mil millóns (2011) |
Posición do PIB | 86ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 5,9% (2011) |
PIB per cápita | $ 19.100 (2011) |
PIB por sector | agricultura 3,3%, industria 28,5%, comercio e servizos 68,2% (2011) |
Inflación | 4,1% (2011) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 1.620.000 (2011) |
Forza de traballo por sector | agricultura 14%, industria 29,1%, comercio e servizos 56,9% (2005) |
Desemprego | 15,4% (2011) |
Industrias | máquinas para cortes de metal, motores eléctricos, televisores, frigoríficos, refinado de petróleo, construción naval (barcos pequenos), téxtiles, procesamento de alimentos, fertilizantes, maquinaria agrícola, equipamento óptico, compoñentes electrónicos, ordenadores, xoias de ámbar |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 28,06 mil millóns (2011) |
Produtos de exportación | minerais 22%, máquinas e equipamentos 10%, produtos químicos 9%, téxtiles 7%, alimentos 7%, plásticos 7% |
Principais mercados | Rusia 15,6%, Letonia 9,7%, Alemaña 8,9%, Polonia 6,7%, Estonia 6,3%, Países Baixos 5,8%, Belarús 4,8% (2011) (2011) |
Importacións | 30,17 mil millóns (2011) |
Principais produtos importados | minerais, máquinas e equipamentos, equipamentos de transporte, produtos químicos, téxtiles e roupas, metais |
Principais mercados | Rusia 32,1%, Alemaña 9,6%, Polonia 9%, Letonia 6,5%, Países Baixos 4,8% (2011) (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 31,03 mil millóns (2011) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A agricultura de Lituania foi tradicionalmente a base da economía do país. Pero a partir da década de 1940 industrializouse moi rapidamente, malia que a agricultura aínda é importante ( arredor dunha quinta parte [Cómpre referencia] da poboación activa co 53,9% da terra é de cultivo, mentres o 30,4% son bosques e o 7,6% pastos). Tamén é bastante importante a gandería.
Economicamente, o país divídese en catro zonas, o leste do país que ten un sector industrial diversificado e en expansión (metalurxía, manufacturas, carpintarías e industria lixeira). A zona sur posúe a metade dos recursos enerxéticos e acuáticos e ten metalúrxicas, manufacturas e producións alimentarias (sobre todo pola gandería e a plantación de acelga-rabanete). O norte de Lituania ten pouca industria pero é unha importante zona granxeira (cereais e acelga rabanete). A zona Oeste é máis coñecida polos estaleiros, reparación de barcos e pesca.
A pesar de ser membro da Unión Europea dende o 1 de maio de 2004, o seu comercio co países do Leste de Europa representa unha parcela crecente do total.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2012.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).