Ecopoiese
Ecopoiese é un neoloxismo creado por Robert Haynes, deriva do grego; οικος, casa, e ποιησις, produción. Ecopoiese refírese á orixe dun ecosistema.
No contexto da exploración espacial, Haynes describe á ecopoiese coma a "fabricación dun ecosistema sostible sobre un planeta actualmente sen vida, un planeta estéril". É un tipo de enxeñaría planetaria e unha das primeiras etapas de terraformación. Nesta etapa primaria de creación dun ecosistema, unha vez as condiciós son favorables para a vida, comezase usualmente pola diseminación inicial de vida microbiana[1], nun principio de tipo extremófilo. Posteriormente, con condicións semellantes ás da Terra, a vida vexetal tamén podería ser trasladada, isto aceleraría a produción de osíxeno, que na teoría outorgaría ó planeta as condicións necesarias para acoller vida humana e animal.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Fogg, Martyn J. (1995). Terraforming: Engineering Planetary Environments. SAE International, Warrendale, PA.