Edelweiss Air
Edelweiss Air | ||
---|---|---|
IATA WK | OACI EDW | Indicativo EDELWEISS |
Fundación | 15 de outubro de 1995 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Zürich | |
Subsidiarias | 13 | |
Frota | 64 | |
Holding | Swiss International Air Lines Group | |
Eslogan da compañía | Der Sonne entgegen | |
Sede | Kloten, Suíza | |
Páxina web: http://www.flyedelweiss.com/ |
Edelweiss Air é unha aeroliña de vacacións suíza pertencente na súa totalidade a Swiss International Air Lines, formando polo tanto parte do Lufthansa Group. Opera voos a destinos europeos e intercontinentais dende a súa base no aeroporto de Zürich.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A aeroliña fundouse o 19 de outubro de 1995 e Bassersdorf, Suíza cun só avión, un McDonnell Douglas MD-83. O nome da compañía deriva da flor nacional (non oficial) do país, a edelweiss, que tamén aparece pintada nos seus avións.
A frota foi medrando e renovándose. No ano 1998 chegaron novos Airbus A320-200 para substituír os MD-83, e no ano 1999 a aeroliña comezou a realizar voo de longo alcance usando o Airbus A330-200.
Ata novembro de 2008 Edelweiss Air foi propiedade de Kuoni Travel Ltd, cando os seus dereitos de operación se venderon a Swiss International Air Lines, a cambio de dereitos de venda de capacidades de hoteis a través da rede de vendas de Swiss. Xa que Swiss International Airlines fora mercada polo Lufthansa Group en 2005, Edelweiss Air tamén pasou a ser unha subsidiaria do grupo de aeroliñas máis grande de Europa na época cando foi adquirida por Swiss.[2]
En marzo de 2011 Edelweiss Air engadiu o máis grande Airbus A330-300 á súa frota, despois dun pedido realizado o 5 de abril de 2010.[3] En xullo de 2015 anunciouse que Edelweiss recibiría catro Airbus A340-300 entre 2017 e 2018 operados anteriormente por Swiss International Air Lines. Estes avións van ser usados para ampliar a súa rede de rutas.[4]
En novembro de 2015 Edelweiss estreou unha librea revisada un dos seus Airbus A320-200 que se aplicaría posteriormente a toda a súa frota.[5] En decembro de 2016 Edelweiss retirou o seu único A330-200, que pasou a mans de Brussels Airlines e vai ser substituído por un dos A340-300 herdados de Swiss.[6]
Frota
[editar | editar a fonte]En marzo de 2018 a frota de Edelweiss Air estaba formada polos seguintes avións:[7][8]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
J | Y+ | Y | Total | ||||
Airbus A320-200 | 8 | — | 12 | — | 156 | 168[9] | |
— | 174 | 174 | |||||
Airbus A330-300 | 2 | — | 27 | 56 | 232 | 315[10] | |
Airbus A340-300 | 3 | — | 27 | 76 | 211 | 314[11] | Herdados de Swiss International Air Lines[4][12][13] |
Total | 13 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Edelweiss Air (ed.). "Contact". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Swiss (ed.). "SWISS names new Edelweiss Air Board of Directors". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Air Transport World (ed.). "Edelweiss orders A330". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 ch-aviation (ed.). "Edelweiss Air to add one more A320, three Swiss A340s". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ ZRH-Spotter (ed.). "Edelweiss Switzerland Flugzeuge erhalten neues Design". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Switzerland's Edelweiss Air ends A330-200 operations". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Edelweiss Air (ed.). "The Edelweiss fleet". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Edelweiss Air Fleet Details and History". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Edelweiss Air (ed.). "Seat map Airbus A320". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Edelweiss Air (ed.). "Seat map Airbus A330-300". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Edelweiss Air (ed.). "Seat map Airbus A340-313". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Edelweiss Air Outlines A340 Operations from Oct 2016". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Air Transport World (ed.). "SWISS orders 10th Boeing 777; to refurbish Airbus A340-300 fleet". Consultado o 21 de marzo de 2018.