El Eco Franciscano
El Eco Franciscano | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | castelán (e galego) |
Fundación | 15 de maio de 1884 |
Circulación | |
Frecuencia | mensual e quincenal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco Franciscano foi unha revista católica en castelán, publicada en Santiago de Compostela desde o 15 de maio de 1884 ata 1968, de periodicidade primeiramente mensual e logo quincenal case chegou aos 1 500 números.
Descrición
[editar | editar a fonte]Publicou textos en galego de Juan Barcia Caballero, Salvador Cabeza de León, Dolores del Río Sánchez-Granados, Luciano Piñeiro, José Pose Gerpe, Manuel Posse Rodríguez, Eladio Rodríguez González e os frades Alfonso Rey e Agustín González, entre outros
No ano 1899 a revista traduciu ó galego textos relixiosos italianos e na Guerra civil española apareceron ocasionalmente algúns textos en galego, correspondentes a Añual (Eleuterio Luaña Fernández).
Entre os directores da publicación destacan Plácido Ángel Rey Lemos, Samuel Eiján, Atanasio López Fernández e José Isorna.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso Montero, Xesús (1997). Os poetas galegos e Franco. Ediciones Akal. ISBN 978-84-460-0839-2.
- Dobarro; Fandiño et al. (2005). "Eco Franciscano, El". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Galaxia. p. 164. ISBN 84-8288-137-X.