El Porvenir (1845)
El Porvenir Revista de la juventud gallega | |
---|---|
Fundación | 3 de febreiro de 1845 |
Remata | 28 de agosto de 1845 |
Director | Antolín Faraldo |
Redacción | Antonio Romero Ortiz José Rúa Figueroa |
Lingua | castelán |
Localidade | Santiago de Compostela |
Periodicidade | 3 veces ao mes |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Porvenir foi un periódico que se publicou en Santiago de Compostela[1] en 1845.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Revista de la Juventud Gallega, apareceu o 3 de febreiro de 1845 co lema "Todo para Galicia". Editábase na Imprenta de la Viuda e Hijos de Compañel e aparecía tres veces ao mes.[2] O seu director foi Antolín Faraldo, e os seus redactores Antonio Romero Ortiz e José Rúa Figueroa. Saíron á rúa 14 números, o último número apareceu o 28 de agosto dese ano, pois o gobernador da Coruña decretou a súa suspensión o 1 de setembro.
Neste periódico apareceu o manifesto Nuestra bandera literaria, probablemente da autoría de Ramón de la Sagra, no que se defendía a anarquía literaria como camiño para acadar unha emancipación absoluta do pensamento. Por esta razón algúns autores considérano como o primeiro periódico anarquista do mundo.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En moitas publicacións figura como lugar de edición A Coruña, pero debe tratarse dun erro.
- ↑ No número 11, de 29 de junio de 1845, informaba que se publicará 3 veces ao mes.
- ↑ "Ramon de la Sagra". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 15-3-2020.
- ↑ Woodcock, G.: Anarchism: a history of libertarian ideas and movements. University of Toronto Press, 2004. P. 299. ISBN 1-55111-629-4 (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Porvenir, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Porvenir, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Lorenzana, Salvador (abril - maio - xuño, 1988). "Breve historia da prensa periódica en Galicia". Grial: 210–222. ISSN 0017-4181.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.