Elena Espinosa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Elena Espinosa Mangana 21 de marzo de 1960 (64 anos) Ourense, España |
Deputada de España | |
24 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | economista, política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Elena Espinosa Mangana, nada en Ourense o 21 de marzo de 1960, é unha política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1985 afiliouse ó PSdeG-PSOE, facéndose responsable, desde 1985 a 1988, da Zona de Urxente Reindustrialización de Vigo. Entre 1988 e 1996 ocupou o cargo de Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo.
Trala derrota do PSOE nas eleccións de 1996, traballou dous anos no Instituto Galego de Medicina Técnica e incorporouse á empresa Rodman Polyships como Directora Financeira Administrativa. Desde maio de 2002 ata xuño de 2004, foi Adxunta a Presidencia do Grupo Rodman.
O día 14 de marzo de 2004 houbo novas eleccións que deron a vitoria ó PSOE. En xuño de 2004 foi nomeada ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, e a partir de 2008 viu aumentadas as súas competencias coas do extinguido Ministerio de Medio Ambiente de España.
E concelleira delegada da Área de Empresa, Economía, Seguridade e Organización Municipal, membro da Xunta de Goberno Local e 3º Tenente de Alcalde do Concello de Vigo.[1] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Concellerías do Concello de Vigo consultado o 13/12/2019.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Predecesor: José Martínez Torea |
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo 1988 – 1996 |
Sucesor: Juan Corral Pérez |
Predecesor: Miguel Arias Cañete |
Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación 2004 - 2008 |
Sucesor: Fusión con Medio Ambiente |
Predecesor: Cristina Narbona |
Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño 2008 - 2010 |
Sucesor: Rosa Aguilar |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elena Espinosa |
- Ministros de España
- Nados en Ourense
- Presidentes da Autoridade Portuaria de Vigo
- Nados en 1960
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Concelleiros de Vigo
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Personalidades da empresa de Galicia
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia