Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Emajõgi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEmajõgi
Vista no inverno
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaEstonia e Letonia Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial33 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaEstonia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLago Võrtsjärv (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final29,5 m Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLago Peipus Editar o valor en Wikidata
Mapa
 58°23′01″N 26°08′02″L / 58.383689, 26.133792
58°26′15″N 27°14′30″L / 58.4375, 27.2418
Afluentes
Conca hidrográficaNarva basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións99,6 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica9.628,1 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal70,1 m³/s Editar o valor en Wikidata

O Emajõgi (en alemán: Embach, en letón: Mētra) é un río de Estonia, da conca hidrográfica do lago Peipus, da cal tamén forma parte o río Narva. Nace no lago Võrtsjärv e flúe cara ao leste polo territorio do condado de Tartu ao longo de 100 km até a súa desembocadura no citado lago Peipus. Atravesa a cidade de Tartu.

O termo Emajõgi significa "Río Nai" en idioma estoniano, aínda que tamén é coñecido como Suur Emajõgi (o "Grande Emajõgi"), en oposición ao Väike Emajõgi ("Pequeno Emajõgi"), outro río que ten o seu nacemento ao sur do lago Võrtsjärv.

O Emajõgi é o segundo río máis importante de Estonia polo seu caudal hídrico, e o único aberto á navegación.[1] Os seus afluentes son, pola marxe dereita: o Pede, o Laeva e o Amme; pola esquerda: o Elva, o Porijõgi e o Ahja.

  1. Ritsberg, Kersti; Hang, Tiit; Miidel, Avo (2005). "On the geology and morphology of the Emajõgi valley". Eesti Geograafia Seltsi aastaraamat (en estoniano) 35. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de outubro de 2009.