Emilio Villelga Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1846 Santiago de Compostela, España |
Morte | 23 de xuño de 1934 (87 anos) Santiago de Compostela, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, teólogo, xornalista |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Villelga Rodríguez (Emilio A.), p.481–482) |
Emilio Antonio Villelga Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1846 e finado na mesma cidade o 23 de xuño de 1934[1], foi un sacerdote, teólogo e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de profesor mercantil na Coruña e despois fixo o bacharelato en Santiago de Compostela. Ingresou no Seminario de Compostela, fíxose doutor en Teoloxía e foi profesor do Seminario. Foi profesor de grego, hebreo e alemán no Instituto de Santiago e cara a 1900 foi profesor de Relixión e Moral na Escola Normal Superior de Santiago[2].
Viaxou por varios países de Europa. Foi redactor de El Porvenir, dirixiu Galicia Católica e colaborou en La Revista Popular e El Requeté. Participou nos Xogos florais de Pontevedra o 18 de agosto de 1887 co texto Unha festa en Louxo.
Beneficiario da Catedral de Santiago de Compostela, foi elixido correspondente da Real Academia Galega o 2 de abril de 1907.
Obras
[editar | editar a fonte]- Continuación de los apuntes. Pequeñas conferencias dadas en la Juventud Católica, 1882.
- Apuntes filosófico-religiosos. Estudio psicológico, 1883.
- Discurso inaugural del curso académico de 1885 a 1886 en el Seminario Central Compostelano, 1885.
- El ángel de las escuelas, 1885.
- Estudios de apologética general acomodada á las necesidades, 1887.
- La libertad de pensamiento dentro del dogma, 1888.
- Discurso de apertura de curso, año de 1895-1896, 1895.
- Curso elemental de Apologética contemporánea, 1902.
- Minúsculas (Año Santo de 1909), 1910. Prólogo de Antonio Rey Soto.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Los dogmas del credo de Mons. Bougaud, 1904.
- El dolor de Mons. Bougaud, 1913.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Compostelano, 23-6-1934, p. 3.
- ↑ MARCO LÓPEZ, Aurora e PORTO UCHA, Anxo Serafín: A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996). Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Campus Sur Universitario, 2000, ISBN 84-8121-854-5, p. 368.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1954). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 525.
- Díaz Díaz, Gonzalo (2003). Hombres y documentos de la filosofía española. Volumen VII. S-Z. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. pp. 879–880. ISBN 84-00-08145-5.
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1846
- Finados en 1934
- Sacerdotes católicos do século XIX
- Sacerdotes católicos do século XX
- Sacerdotes católicos de Galicia
- Sacerdotes da Igrexa católica latina
- Xornalistas de Santiago de Compostela
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Tradutores do francés
- Tradutores ao castelán