Erasmo Pascual
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Erasmo Pascual Colmenero 6 de maio de 1903 Ribadavia, España |
Morte | 7 de xuño de 1975 (72 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Período de actividade | 1934 - 1975 |
Erasmo Pascual, nado en Ribadavia o 6 de maio de 1903 e finado en Madrid o 7 de xuño de 1975, foi un actor teatral e cinematográfico galego. Interpretou máis de 200 papeis secundarios entre cine e televisión, sendo un dos actores máis prolíficos da historia do cine español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na rúa Progreso de Ribadavia o 6 de maio de 1903, sendo fillo do enxeñeiro eléctrico Erasmo Pascual Mata e de Iluminación Colmenero González.[1] Pasou a súa infancia na vila ourensá, ata que durante a adolescencia se trasladou coa súa familia a Madrid.
Na capital española comezou a traballar sobre os escenarios como figurante desde principios da década de 1920. Aos 20 anos acudía aos faladoiros de El Gato Negro, onde coñeceu a Rafaela Aparicio, coa que formou parella artística.[1][2]
Actor de cine moi prolífico, os seus personaxes —sempre secundarios— estiveron fortemente condicionados polo seu físico miúdo, as súas lentes e a súa extrema delgadeza, as súas frases vociferando e a súa recoñecida vis cómica. Chegou a interpretar máis de 200 papeis entre cine e televisión, traballando con cineastas como Pedro Lazaga, Rafael Gil, Mariano Ozores, José Luis Borau ou Pedro Olea.[2][1]
Filmografía parcial
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]- Raza (1942)
- Los misterios de Tánger (1942)
- El último cuplé (1957).
- Muchachas de azul (1957).
- ¿Dónde vas Alfonso XII? (1958).
- Las chicas de la Cruz Roja (1958).
- La vida alrededor (1959).
- La gran familia (1962).
- Vuelve San Valentín (1962).
- El verdugo (1963).
- La chica del gato (1964).
- Historias de la televisión (1965).
- Los chicos del preu (1967).
- El turismo es un gran invento (1967).
- Se armó el Belén (1968).
- La vida sigue igual (1969).
- Hay que educar a papá (1971).
- Las Ibéricas F.C. (1971).
- Ligue Story (1972).
- Virilidad a la española (1975).
- Furtivos (1975).
Televisión
[editar | editar a fonte]- El pícaro (1974).
Teatro
[editar | editar a fonte]- ¡Sublime decisión! (1955), de Miguel Mihura.
- El teatrito de don Ramón (1959), de José Martín Recuerda.
- El chalet de madame Renard (1961), de Miguel Mihura.
- Los caciques (1962), de Carlos Arniches.
- Al final de la cuerda (1962), de Alfonso Paso.
- Juegos de invierno (1964), de Jaime Salom.
- Pecados conyugales (1966), de Juan José Alonso Millán.
- La casa de las chivas (1969), de Jaime Salom.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lira Pousa, Lolín (14 de xullo de 2016). "Erasmo Pascual, un actor ribadaviense". La Región (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 Cabo Villaverde, José Luis; et al., eds. (2001). Diccionario do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia. p. 287. ISBN 84-453-3152-3.
- ↑ Diario ABC, ed. (12 de xaneiro de 1969). "La casa de las chivas, de Salom en el Marquina" (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2011.