Escola primaria
Aparencia
Unha escola primaria é unha escola na que os nenos reciben educación primaria desde aproximadamente a idade de cinco a doce anos, o paso seguinte despois do preescolar e antes da escola secundaria (nalgúns países hai un paso intermedio de escola media entre a educación primaria e a secundaria). Na maioría do mundo, a educación primaria é o primeiro paso no ensino, e está normalmente dispoñible sen pagar, pero tamén se ofrecen escolas privadas independentes nas que cómpre pagar.
O termo escola primaria deriva do francés école primaire, que foi usado por vez primeira en 1802.[1]
- Escola primaria é o termo preferido no Reino Unido e outras moitas nacións, e na maioría das publicacións da UNESCO.[2]
- Escola elemental é o termo preferido nalgúns países, especialmente nos Estados Unidos e o Canadá.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Online Etymology Dictionary".
- ↑ Primary school. Na Encyclopædia Britannica. Consultado o 12 de xuño de 2007, desde Encyclopædia Britannica Online: http://search.eb.com/eb/article-9061377
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|