Escorzoneira
Escorzoneira | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
S. hispanica | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
A escorzoneira (Scorzonera hispanica) é unha planta da familia das asteráceas, nativa do centro e o sur de Europa e o centro de Asia, abundante na Península Ibérica.
Descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dunha planta perenne que pode alcanzar os 90 cm de altura, follas lanceoladas, alternas, de cor verde brillante na face e pálidas no envés, bordo enteiro ou lixeiramente dentado, superficie ondulada e cun pecíolo alado e alongado. Flores amarelas que se dan principalmente entre maio e xullo, aínda que depende moito da súa situación xeográfica. As raíces teñen unha lonxitude de entre 20 e 30 cm, cun grosor entre 3 e 4 cm de diámetro, de codia negra, agretada e polpa branca. Na parte superior do talo principal fórmanse unhas cabezas rodeadas dun invólucro de largas brácteas, máis longas as internas que as externas. Froitos alongados e rematados nun papo de arestas plumosas.
Localización
[editar | editar a fonte]Na Península Ibérica crece silvestre en terreos areosos baldíos, con frecuencia preto do mar, desde Cataluña até Andalucía, sendo máis común encontrar a planta en solos ricos en cal.
Usos
[editar | editar a fonte]Antigamente pensábase que o zume das raíces podía curar as mordeduras de serpes. A raíz utilízase cocida en comidas e ensaladas, e asadas ou fritas en manteiga para acompañar carnes. No século XVI Nicolás Monardes foi o primeiro en describir a escorzoneira:«As raíces conservadas en azucre, como o fixen a miúdo, resultan case tan delicadas ao padal como as raíces do erinxio».[1] A súa eficacia no alivio de flatulencias e indixestións fixo que Lois XIV lle mandara ao seu xardineiro o cultivo desta planta en grandes cantidades para dispoñer dela durante todo o ano.[2] Os capullos cocidos tamén se utilizan en ensaladas así como as follas, especialmente as novas despois de fervidas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Scorzonera hispanica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 791. 1753.[3]
- Scorzonera crispatula (DC.) Nyman. subsp. crispatula (DC.) Nyman
- Scorzonera crispatula var. corbariensis Timb.-Lagr.
- Scorzonera crispatula (DC.) Boiss.
- Scorzonera denticulata Lam.
- Scorzonera edulis Moench
- Scorzonera glastifolia Willd.
- Scorzonera latibracteata Sennen & Elías ex Pau
- Scorzonera transtagana Welw. ex Cout..[4]
- Myscolus hispanicus (L.) Endl.
- Scorzonera communis
- Scorzonera sativa Gaterau[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GENDERS, op. cit., páx. 27.
- ↑ GENDERS, op. cit., páx. 97.
- ↑ "Escorzoneira". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de abril de 2015.
- ↑ Sinónimos en Real Jardín Botánico
- ↑ "Escorzoneira en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 20 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- von Linné, Carl (1753). Species Plantarum. Botanicus.org.
- GENDERS, Roy (1988). Editorial Blume, ed. Plantas silvestres comestibles. ISBN 84-7031-609-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escorzoneira |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escorzoneira |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de escorzoneira |
- Infojardín (en castelán)