Espiritualidade
O termo espiritualidade[1] (do latín spiritus, espírito), depende da doutrina, escola filosófica ou ideoloxía que a trate, así como do contexto en que se empregue.[2][3]
Nun sentido amplo, significa a condición espiritual. Hai autores que o consideran unha dimensión máis da persoa, como a dimensión biolóxica ou social.[4] Referido a unha persoa, é a disposición principalmente moral, psíquica ou cultural, que posúe quen tende a investigar e desenvolver as características do seu espírito.[5] Esta decisión implica habitualmente a intención de experimentar estados especiais de benestar, como a salvación ou a liberación. Relaciónase así mesmo coa práctica da virtude.
Na relixión
[editar | editar a fonte]En certo sentido é posible falar de prácticas espirituais sen estar especificamente baixo o que habitualmente se considera unha relixión organizada, aínda que en xeral non deixan de ser prácticas tradicionais.[6]
No occidente relacionouse habitualmente o termo con doutrinas e prácticas relixiosas, especialmente na perspectiva da relación entre o ser humano e un ser superior (Deus), así como coas doutrinas relacionadas coa salvación da alma, aínda que actualmente se ampliou moito o seu uso e non son estas as únicas formas en que se fai uso da expresión.
Dise tamén de estilos ou formas de vida que inclúen perspectivas relacionadas co ámbito espiritual e as súas prácticas, buscando, por exemplo, a liberación. Outros enfoques diferentes tamén son posibles: (iniciación, rito).[7]
Igualmente, pode entenderse sen referencia ningunha a un ser superior ou exterior ao ser humano, empregándose o termo para referirse a unha "espiritualidade atea", ou "sen deus".[8][9][10]
Na filosofía
[editar | editar a fonte]Algúns puntos de vista filosóficos, utilizan o termo para facer referencia á oposición entre materia e espírito, ou entre interioridade e exterioridade.[11]
Porén, polo contrario, a postura filosófica dos practicantes do budismo zen concibe a "unidade" dos opostos:
Un filósofo, Nishida Kitaro (...) tamén se entregou á práctica zen, da que destilou a súa concepción filosófica da "unidade" dos opostos (espazo e tempo, espírito e materia, autoconciencia e conciencia obxectiva, individuo e mundo).[12]
Nas artes
[editar | editar a fonte]Ás veces tamén no ámbito literario, o termo obedece só a aspectos estéticos e estilísticos.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para espiritualidade.
- ↑ Adriaanse, H. J. (1991). Penser la religion: recherches en philosophie de la religion (en francés) 15. Beauchense. p. 292.
le terme spiritualité est un terme relativement nouveau dont la significativamente esta d’ailleurs largement fluctuante
- ↑ Demay, Joël. Brandonu.ca, ed. "Spiritualité, individu, et analyse théorique de la communication : les études indiennes et la psychologie à la rescousse" (PDF) (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de agosto de 2011. Consultado o 24 de outubro de 2010.
- ↑ "Manual cuidados paliativos" (PDF). SECPAL.
- ↑ "Definición de "espiritualidad", en Referendario". Diccionario online Wordreference.
- ↑ Yusa, Michiko (2006). Religiones de Japón. Ediciones AKAL. p. 104. ISBN 9788446018544.
...la tradición del ascetismo de montaña.
- ↑ Foucault, C.; Mongeau, S. (2004). L’art de soigner en soins palliatifs (en francés). Presses de l’Université de Montréal. p. 200.
- ↑ Comte-Sponville, A. (2006). L'esprit de l'athéisme: introduction à une spiritualité sans Dieu. Albin Michel.
- ↑ Sonier, Louis (2005). Maison De Vie, ed. Une spiritualité sans dieu.
- ↑ Costa-Lascoux, J.; Lombard, P.; Levaï, I.; Houziaux, A. (2006). Peut-il y avoir une spiritualité sans Dieu?. Éditions de l’Atelier. p. 15.
la notion de spiritualité est neutre par rapport à celle de foi en Dieu
- ↑ Richard, R.; Dézé, C. (1992). Psychologie et spiritualité: à la recherche d'une interface (en francés). Presses de l’Université Laval. p. 17.
- ↑ Yusa, Michiko (2006). Religiones de Japón (en castelán). Ediciones AKAL. p. 102. ISBN 9788446018544.
- ↑ Marcha, Roger. L'écrivain et ses institutions (en francés). p. 497.
La notion de spiritualité, quand elle rencontre la production et l’activité des écrivains, implique outre les enjeux religieux, philosophique et anthropologique, [...] des dimensions proprement littéraires et esthétiques
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sociology of Religion Resources
- Sociology of Religion Resources Spiritual life concept