Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Estadio Kings Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kings Park
Datos
Coordenadas29°49′30″S 31°01′47″L / -29.825, 31.029722
LocalizaciónDurban, Suráfrica
Construción
Inauguración1958
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade46.000
PropietarioeThekwini Metropolitan Municipality
editar datos en Wikidata ]

O Estadio Kings Park é un estadio de rugby situado en Durban (Suráfrica). Inaugurouse en 1958 e inicialmente tiña capacidade para 12.000 persoas. Renovouse na década de 1980 e de cara á Copa do Mundo de Rugby 1995. Chegou a ter capacidade para 54.000 persoas, reducidas a 46.000 tras as últimas renovacións.

Características

[editar | editar a fonte]

No estadio Kings Park xoga os seus encontros como local o equipo dos Sharks, razón pola cal o estadio recibe o alcume de "Tanque de Tiburóns". Tamén adoita acoller encontros da Selección de rugby de Suráfrica.

O recinto tivo distintas denominacións por razóns de patrocinio, dende ABSA Stadium (entre 2000 e 2010), Mr Price Kings Park (en 2011 e 2012), Growthpoint Kings Park (entre 2013 e 2017), e Jonsson Kings Park (entre 2018 e 2021), ate Hollywoodbets Kings Park (dende 2022).

A menos de 200 metros do estadio Kings Park construíuse o moderno estadio Moses Mabhida, que acolleu varios encontros do Mundial de Fútbol de 2010.

Copa do Mundo de Rugby 1995

[editar | editar a fonte]

O estadio empregouse como un dos recintos nos que se disputou a Copa do Mundo de Rugby 1995 da que foi anfitrión Suráfrica. O estadio acolleu tres encontros da fase de grupos, un dos cuartos de final e a semifinal na que os Springboks acadaron a clasificación para a final do torneo.

Data Equipo Resultado Equipo Rolda Asistencia
27 maio 1995 Arxentina  18–24 Inglaterra Grupo B 30.000
31 maio 1995 Inglaterra 27–20 Italia 21.000
4 xuño 1995 Inglaterra 44–22 Samoa 20.000
10 xuño 1995 Francia 36–12 Irlanda Cuartos de final 18.000
17 xuño 1995 Suráfrica 19–15 Francia Semifinal 18.000