Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Estríldidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estríldidos

Neochmia temporalis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Superfamilia: Passeroidea
Familia: Estrildidae
Illiger, 1811
Xéneros

Ver texto

Os estríldidos (Estrildidae) forman unha familia de pequenos paseriformes dos trópicos do Vello Mundo e Australasia. Poden clasificarse como familia (Estrildidade)[1] ou como subfamilia dentro da familia Passeridae, que estritamente definida comprende os pardais do Vello Mundo.[2] En Galicia vive a especie Estrilda astrild (bico de lacre ondulado[3]), que é unha especie introducida.

Son comedores de sementes gregarios e a miúdo coloniais con peteiros curtos e grosos pero bicudos. Son todos similares en estrutura e hábitos, mais varían amplamente en cores e padróns da plumaxe.

Todos os estríldidos constrúen niños cupuliformes grandes e poñen de cinco a dez ovos brancos. Algúns dos Lagonosticta e Ptylia son hóspedes de paxaros de crianza parasita da familia Viduidae.

A maioría son sensibles ao frío e necesitan hábitats cálidos, xeralmente tropicais, aínda que uns poucos, como o Lonchura monticola, Oreostruthus fuliginosus e Neochmia temporalis, e os do xénero Stagonopleura, adoptaron os climas fríos do sur de Australia e as terras altas de Nova Guinea.

A especie máis pequena da familia é Nesocharis shelleyi de só 8,3 cm, aínda que a especie de menos peso é Estrilda troglodytes de 6 g. A especie máis grande é Padda oryzivora, de 17 cm e 25 g de peso.[4]

Lista de especies

[editar | editar a fonte]

Evolución

[editar | editar a fonte]
Orixe das especies de estríldidos

Estudouse a filoxeografía e posible orixe das especies de estríldidos. O seguinte esquema pode ser útil para representar unha orixe hipotética na India no último e máis forte erguemento do Himalaia (hai 16,5 millóns de anos), cando se estableceu o réxime de chuvias do monzón na India (ver figura). As conclusións deste estudo[5][6] son:

  • Os estríldidos son un grupo monofilético con politomías que empezaron a evolucionar na Mioceno medio (hai uns 16,5 millóns de anos) e comprende especies africanas, asiáticas e australianas.
  • Este momento proposto coincide co momento en que comezou a radiación dos Fringillinae e tamén co maior erguemento do Himalaia e a meseta do Tíbet, desencadeado pola colisión máis forte da placa tectónica da India; isto estableceu o réxime de monzóns actual no sur de Asia e outros cambios climáticos drásticos, como un clima máis seco na meseta do Tíbet e os desertos da China.
  • O grupo evolutivo máis antigo comprende aves africanas (Euodice cantans), asiáticas (Euodice malabarica) e australianas (Stagonopleura guttata); isto suxire que toda a radiación dos estríldidos puido orixinarse arredor da India.[5][7][8]
Árbore filoxenética dos estríldidos
  • O grupo africano Nesocharis agrúpase co xénero africano Estrilda.
  • O Erythrura ou Chloebia gouldiae inclúese finalmente coas outras especies dentro do xénero Erythrura.
  • O Padda ou Lonchura oryzivora é unha especie moi modificada do xénero Lonchura: maior que o resto das especies de Lonchura, e cun padron da cabeza bastante diferente e notorio. É endémico de Xava, Balí e as illas Bawean, aínda que hoxe poden verse aves escapadas da catividade noutras illas veciñas.
  • Os Spermestes africanos, chamados nalgúns países munias, pertencen a un xénero completamente diferente doutras aves similares australianas e asiáticas, xeralmente tamén chamadas munias.
  • O Neochmia temporalis australiano é moi similar ao Estrilda astrild africano (que tamén pode verse en Galicia), pero non están relacionados. As súas semellanzas (peteiro, cella marrón etc.) débense a evolución converxente, xa que as súas presións ambientais (clima, hábitat, alimentación) son similares.[5][8]
  1. Gill, Frank; Donsker, David. "Waxbills, parrotfinches, munias, whydahs, Olive Warbler, accentors, pipits « IOC World Bird List". www.worldbirdnames.org. IOC World Bird List (v8.2). 
  2. Christidis L, Boles WE (2008). Systematics and Taxonomy of Australian Birds. Canberra: CSIRO Publishing. p. 177. ISBN 978-0-643-06511-6. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. "Estrildid FINCHes". 
  5. 5,0 5,1 5,2 Arnaiz-Villena, A; Ruiz-del-Valle, V.; Gomez-Prieto, P.; Reguera, R.; Parga-Lozano, C; Serrano-Vela, J.I. (2009). "Estrildinae Finches (Aves, Passeriformes) from Africa, South Asia and Australia: a Molecular Phylogeographic Study"(PDF). The Open Ornithology Journal 2: 29-36. (doi 10.2174/1874453200902010029).
  6. Arnaiz-Villena, A; Gómez-Prieto P; Ruiz-de-Valle V (2009). "Phylogeography of finches and sparrows". Nova Science Publishers. ISBN 9781607418443. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2012. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  7. Sibley CG, Monroe BL (1990). Distribution and Taxonomy of Birds of the World. Yale University Press
  8. 8,0 8,1 Arnaiz-Villena, A; Gomez-Prieto, P.; Serna-Ayala; Ruiz-del-Valle, V. (2009). "Origen de los estríldidos Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine.".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]