Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Estrea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Preparación dunha estrea en Hollywood Boulevard.

Unha estrea é a primeira representación, proxección ou exposición públicas dunha peza teatral, un filme ou unha obra musical, antes do comezo da súa explotación comercial e á cal asisten normalmente unha parte substancial do equipo que traballou na obra, o público asiste por invitación e son xeralmente críticos, persoas relacionados co medio e os seus autores, políticos e xente da cultura. A estrea adoita ir acompañada dunha rolda de prensa ou intervencións do autor, director ou actores e dunha sesión de fotos.

Cinema e teatro

[editar | editar a fonte]
Posando para os fotógrafos nunha estrea.

A estrea constitúe un acto nos medios, trátase xeralmente de axuntar socios comerciais, críticos e estrelas para presentar a obra e recoller as súas impresións, atraendo a atención do público cara á súa exhibición comercial. A estrea pode ter lugar no transcurso dun festival de teatro ou cinema.

Segundo o historiador Raymond Betts o creador da estrea moderna foi Sid Grauman, propietario do célebre teatro chinés nos Ánxeles.

Televisión e radio

[editar | editar a fonte]

Na televisión e na radio a estrea ha entenderse en sentido figurado, xa que se trata dunha primeira difusión a grande escala, que ten como fin a atracción dun máximo de audiencia, tamén pode consistir nun programa que sirva de estrea da nova programación dunha canle ou emisora.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Raymond F. Betts: A history of popular culture: more of everything, faster, and brighter. Routledge, Nova York e Londres, 2004.